Comisión 7ª 13/2b

O deputado do Grupo Popular interesouse na Comisión de Agricultura do Parlamento de Galicia polas axudas recibidas en materia de promoción, apoios ao funcionamento do Consello Regulador e control de calidade dos viños amparados por esta Denominación de Orixe

A XUNTA CONFIRMA A PREGUNTAS DE BALSEIRO APOIOS POR VALOR DE MÁIS DE 458.000 EUROS Á DENOMINACIÓN DE ORIXE RIBEIRA SACARA

 la foto

  • Resulta “innegable” o apoio do Goberno galego a esta denominación de orixe, que non acadou ningún recorte ante unha das principais zonas de produción de Galicia, con gran tradición vitivinícola.

 

Santiago, 13 de febreiro de 2015.- A directora de Produción Agropecuaria da Consellería do Medio Rural e do Mar, Patricia Ulloa, confirmou esta mañá, a preguntas do deputado do Grupo Popular Jose Manuel Balseiro na Comisión 7ª do Parlamento de Galicia, que as axudas concedidas pola Xunta de Galicia en apoio da Denominación de Orixe Ribeira Sacra ascenderon, durante o ano 2014, á cantidade de 137.006,65 euros.

A maiores, tamén explicou, que as adegas desta denominación recibiron outros apoios para a promoción en terceiros países (internacionalización) ou para investimentos en mellora da transformación e a comercialización, neste caso, por importe de 321.576,68 euros, tamén na pasada anualidade.

APOIO INNEGABLE Á DO RIBEIRA SACRA

Esta cantidades permiten Balseiro cualificar como “innegable” o apoio do Goberno galego a esta denominación de orixe, así como desminten calquera recorte á hora de impulsar unha das principais zonas de produción de Galicia, con gran tradición vitivinícola.

Balseiro segue animando ao Goberno galego a manter súa colaboración coa a DO Ribeira Sacra, que agrupa parroquias e lugares de 19 concellos, repartidos nas ladeiras ao longo das ribeiras dos ríos Miño, Sil e os seus afluentes, isto é, no sur das provincias de Lugo e norte de Ourense.

A área xeográfica desta denominación de orixe divídese en cinco sub-zonas diferenciadas: Amandi, Chantada, Quiroga-Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil, onde tradicionalmente, dende hai máis de 2000 anos, elabóranse excelentes viños dunha gran personalidade.