Comisión de Pesca 18/02 a

O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, aclara que a prohibición das importacións ten sentido namentres este país asiático achegue ao mercado comunitario máis produto do que declara capturar, o que repercute negativamente no seu prezo e crea distorsións anticompetitivas no mercado deste especie

 O PARLAMENTO DE GALICIA APROBA A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR INSTANDO Á UE A VETAR O PEIXE ESPADA PROCEDENTE DE VIETNAM

 Comision 8 23-12-2014 (2)

  • Os populares insisten na necesidade de adoptar medidas en defensa da flota de palangre de superficie integrada por máis de 180 barcos, dos que uns 150 teñen porto base en Galicia, en especial en localidades como A Guarda, Burela e Vigo

Santiago, 18 de febreiro de 2015.- O Parlamento de Galicia aprobou esta tarde, co voto favorable dos socialistas e a abstención de BNG e AGE, unha iniciativa do Grupo Popular instando á Unión Europea a vetar no mercado comunitario o peixe espada procedente de Vietnam, sempre e cando non cumpra os requisitos en materia de pesca ilegal, non declarada ou non regulamentada.

O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, aclara que a prohibición das importacións, acordada por España o pasado mes de xuño, ten sentido xeneralizala ao conxunto da Unión Europea namentres este país asiático achegue ao mercado comunitario máis produto do que declara capturar ante as organizacións rexionais de pesca, o que repercute negativamente no seu prezo e crea distorsións anticompetitivas no mercado deste especie.

DEFENSA DA FLOTA DE PALANGRE

 Os populares insisten na necesidade de adoptar medidas en defensa da flota de palangre de superficie integrada por máis de 180 barcos, dos que uns 150 teñen porto base en Galicia, en especial en localidades como A Guarda, Burela e Vigo. Só durante 2014 descargáronse 772.797 quilogramos de peixe espada nas lonxas galegas, o que supuxo unha facturación próxima aos 4,5 millóns de euros.

 Balseiro lamentou que o BNG non aceptara engadir a súa emenda á iniciativa do Grupo Popular, na que se insiste na necesidade de evitar importacións de produtos extracomunitarios que non cumpran os requisitos en materia hixiénico-sanitaria, socio-laboral e de pesca ilegal non declarada e regulamentada que si cumpren a flota e a industria de transformación galega.