• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Comisión de Pesca 18/02 b
Igualdade de oportunidades »

Pleno 24 de febreiro

24, Febreiro 2015 por Admin B

O voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, salienta que a contía global das cotas das principais especies do cerco (o xurelo, a xarda e a anchoa) aumentan nun 52%: ao pasar das 65.000 toneladas de 2009 ás 99.000 toneladas de 2015

 O GRUPO POPULAR CORRIXE AO PSOE E LEMBRA QUE XA É POSIBLE PESCAR SARDIÑA NA ZONA CIEM VIIIB MALIA QUE PERTENCE A UN STOCK DIFERENTE DO DA SARDIÑA IBÉRICA

 Balseiro pleno CV

  • Mantén que a proposta de referencia de Galicia é a aprobada polo Consello Galego de Pesca, defendida polo sector e pola Xunta
  •  Lembran que o principal problema do cerco é ter que soportar as sancións por sobrepesca derivadas da falta de xestión e control dos anos de goberno socialista

Santiago, 24 de febreiro de 2015.- O Grupo Popular defendeu hoxe no Pleno do Parlamento de Galicia que xa é posible pescar sardiña na zona CIEM VIIIB e lamentou que o PSOE descoñeza que esta área non está incluída no Plan de xestión da sardiña ibérica polo simple feito de que pertence a un stock diferente. Así o asegurou o voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, no transcurso do debate dunha moción plenaria na que os socialistas defendían unificar todas as zonas de pesca, baixo o paraugas dun único plan de xestión, algo que complicaría a negociación coa irrupción de Francia na mesa de negociación.

 Balseiro tamén aclarou que o Goberno central non aprobou o actual plan de xestión da sardiña ibérica “porque un día se levantasen con ganas de facer normas”, decide aprobalo, primeiro, obrigado pola mala situación biolóxica deste recurso (certificada por informes científicos) e para procurar a súa recuperación, en segundo lugar, para evitar que sexa Europa quen impoña unilateralmente un TAC o que suporía un recorte moi agresivo das posibilidades de pesca da sardiña,con reducións que poden chegar ata o 20% e, finalmente, esta medida freou a Portugal que pretendía autoasignarse o 70% da cota.

 CONSELLO GALEGO DE PESCA

 Os populares galegos continúan defendendo que a proposta de referencia de Galicia para modificar o actual plan de xestión da sardiña é a aprobada pola Comisión Sectorial do Cerco do Consello Galego de Pesca, que xa foi consensuada con boa parte das comunidades autónomas do Cantábrico e con Andalucía e que despois debe ser negociada con Portugal e a Comisión Europea. “O que nos sorprende –dixo Balseiro- é que vostedes agora defendan estas propostas tras votar en contra delas fai tres meses. Cando as trouxemos a este Parlamento e PSOE, BNG e AGE votaron na súa contra. Hoxe piden o que antes rexeitaban”

 SANCIÓNS POR SOBREPESCA

 Por último, Balseiro lembrou que o principal problema que hoxe ten o cerco é a obrigación de soportar as sancións por sobrepesca derivadas da falta de xestión e control dos anos de goberno socialista, que anualidade tras anualidade implica que nos detraen cota. “Irresponsabilidade da que son os socialistas os únicos responsables pero que pagan os profesionais do mar”. Con todo, Jose Manuel Balseiro, salientou que a contía global das cotas das principais especies do cerco (o xurelo, a xarda e a anchoa) aumentan nun 52%, ao pasar dos 65.000 toneladas en 2009 ás 99.000 toneladas de 2015 e se pregunta “se hoxe critican este aumento que terían que dicir PSOE, BNG e AGE cando estas cotas eran moito inferiores, gobernando o bipartito”

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Febreiro 2015
    L M M X V S D
     1
    2345678
    9101112131415
    16171819202122
    232425262728  
    « Xan   Mar »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: