Igualdade de oportunidades

O voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, sinala que os recursos do novo FEMP poden servir de base para financiar as actuacións específicas que se promovan neste ámbito

O GRUPO POPULAR PROPÓN NO PARLAMENTO GALEGO QUE A XUNTA POTENCIE A IGUALDADE ENTRE HOMES E MULLES NO SECTOR PESQUEIRO

 membrillo1

  • Empraza a prestar especial atención a integración feminina no sector estrativo e na administración de empresas pesqueiras e propón novos apoios á organización e desenvolvemento das actividades dos distintos colectivos profesionais de mulleres

Santiago, 26 de febreiro de 2015.- O Grupo Popular de Galicia rexistrou unha proposición non de lei no Parlamento galego coa finalidade de instar á Xunta de Galicia a impulsar diversas iniciativas normativas, técnicas e prácticas para conseguir “unha igualdade de xénero real” no sector pesqueiro.

Na súa proposta os populares defenden que o Goberno debe prestarse especial atención no tocante a promover a integración da muller no sector estrativo e na administración de empresas pesqueiras, e anima ao Goberno galego a facerse eco das iniciativas que, desde os colectivos de mulleres lles fan chegar

O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, apunta que o programa operativo de execución do novo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) –que se desenvolverá nos próximos sete anos- pode servir de base para financiar as actuacións específicas que se fomenten no ámbito da igualdade de oportunidades no sector marítimo pesqueiro.

Finalmente na iniciativa se lle insta ao Goberno galego a dar apoio, técnico e económico, aos distintos colectivos de mulleres dedicadas a actividades do mar, tanto para a súa mellor organización como para o desenvolvemento das súas actividades.

MAIOR VISIBILIDADE Á PRESANZA DA MULLER

Balseiro aclara que dentro da pesca, existen ámbitos onde as mulleres están moi presentes: como o marisqueo, a transformación e comercialización e a industria auxiliar (de xeito especial redeiras ou empacadoras)

Sinala tamén que “aínda que en Galicia o papel da muller como profesional do mar nada ten que ver co menor grado de recoñecemento que dispón noutros puntos de España”, cómpre seguir impulsando políticas de integración e de igualdade de oportunidades pesqueiras, “así como facer visible e revalorizar o traballo que a muller realiza no sector pesqueiro”-explica o deputado

O popular sinala o avance que supuxo ir desterrando un estigma anticuado, inxusto e irreal, que situaba á muller neste tipo de actividades exclusivamente para desenvolver unha labor de apoio ao traballo que desempeñan os homes. Este pensamento xerou, nun primeiro momento –aclara Balseiro- dificultades para avanzar no recoñecemento dos dereitos laborais do colectivo de mulleres pero, “precisamente elas, de xeito moi destacado no ámbito do marisqueo, acadaron avances salientables en coincidencia coa transformación operada no sector, desde a mera recolección á técnicas máis avanzadas de cultivo”.

EMPREGO FEMININO

Os datos demostran o papel da participación do colectivo de mulleres no sector pesqueiro. Das 57.236 persoas dadas de alta no Réxime Especial do Mar (REM) en decembro de 2015, a cifra de emprego feminino é de 8.730. É dicir, o 15,25%. Deste segmento o 61,23%, isto é, 5.346 mulleres, son da nosa Comunidade