Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Marzo 2015

Comprometido con Vilalba

Os deputados autonómicos Jose Manuel Balseiro e Agustín Baamonde Díaz acompañados do alcalde de Vilalba e candidato á relección, Gerardo Criado, fixeron balance das achegas autonómicas das que se beneficiaron os veciños desta localidade

 A XUNTA INVESTIU 126 MILLÓNS DE EUROS EN VILALBA NOS ÚLTIMOS SEIS ANOS DE GOBERNO DE ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO

 prensa1

  • Cada ano, como media, o Goberno galego destina 26 millóns de euros ao financiamento de obras, servizos e actuacións no concello da capitalidade da Terra Cha
  •  Entre outras actuacións salientan os investimentos en materia de emprego (8,3 M€), mellora das infraestruturas locais ( M€), deporte (1,3M€) e as achegas das Consellerías do Medio Rural (78M€) e de Economía e Industria (16,4M€) e infraestruturas (18,1M€)
  •  Retan á Deputación de Lugo a facer públicas as súas achegas, moi inferiores ás da Xunta, porque á hora da verdade só o Goberno galego cre e aposta por Vilalba

  (máis…)

Read Full Post »

Comprometidos co Valadouro

Os deputados autonómicos Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra acompañados do candidato popular á alcaldía, Jose Manuel Lamela, fixeron balance das achegas do Goberno galego

A XUNTA INVESTIU 12,8 MILLÓNS DE EUROS NO VALADOURO NOS ÚLTIMOS SEIS ANOS DE GOBERNO DE ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO

Valadouro

  • A administración autonómica destina 2,13 millóns de euros cada ano como media para o financiamento de obras, servizos e actuacións neste concello
  • Entre outras actuacións salientan os investimentos no ámbito do emprego e do benestar (1,3M€), mellora de estradas (1,3 M€) e infraestruturas locais ( 1,18M€) e nas áreas de Medio Rural (1,9M€) e Economía e Industria (2,2M€)
  •  Retan á Deputación de Lugo e ao alcalde a deixarse de publicidade e propaganda e facer público, negro sobre branco, os investimentos achegados neste municipio, adiantan moi inferiores aos da Xunta

  (máis…)

Read Full Post »

Comprometidos con Burela

Os deputados autonómicos Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra acompañados do do alcalde de Burela e candidato á relección, Jose María González Barcia, fixeron balance das achegas autonómicas recibidas nesta localidade

 BURELA RECIBIU DA XUNTA 72,38 MILLÓNS DE EUROS EN INVESTIMENTOS DURANTE OS ÚLTIMOS SEIS ANOS DE GOBERNO DE ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO

 FOTO

  • Cada ano o Goberno galego destina 12,06 millóns de euros para financiar obras, servizos e actuacións en beneficio dos veciños desta localidade

 

  • Entre outras actuacións salientan o investimentos no ámbito pesqueiro que superan os 17,04M€, os 8M€ da obra de acceso ao porto -en plena execución- os 9,4 millóns de euros en materia de emprego e benestar e 2,3 máis para o Hospital da Costa

 

  • Retan á Deputación de Lugo a facer públicas as súas achegas, moi inferiores ás da Xunta, porque á hora da verdade só o Goberno galego cre e aposta por Burela

(máis…)

Read Full Post »

Novas oportunidades de marisqueo

O voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, salienta que se trata dun recurso moi abundante no litoral galego e Gran Sol e moi demandado no mercado asiático, onde chega a acadar elevados prezos de ata 150 euros por quilo e tamén moi apreciado en Cataluña e Levante

O GRUPO POPULAR PROPÓN QUE SE XENERALICE O APROVEITAMENTO MARISQUEIRO DO CARALLO DE MAR EN TODA GALICIA

Holothuria_forskali

  •  A Xunta autorizaba o pasado mes de decembro a explotación comercial do holothuria forskali na que participaron, con carácter experimental, embarcacións da confraría de pescadores de Cangas (Pontevedra)
  •  Os populares instan a estudar a situación deste recurso e, en función dos resultados, autorizar a posibilidade de permitir a posta en valor deste recurso por parte dos sectores pesqueiro e transformador tamén noutras áreas de Galicia

 

  (máis…)

Read Full Post »

Iniciativa parlamentaria

Os parlamentarios populares Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra asinan unha iniciativa de impulso á acción do Goberno, ante o impacto laboral e social que terían os anunciados EREs

O GRUPO POPULAR  LEVA A SITUACIÓN DOS TRABALLADORES DE VESTAS AO PARLAMENTO GALEGO

 OperacionyMantenimiento

  • A través da súa iniciativa os populares mandatan á Xunta de Galicia a que se involucre, “impulsando as iniciativas ao seu alcance para intentar garantir os postos de traballo e a actividade industrial desta factoría”
  •  Tras reunirse co Comité de Empresa xa adiantaron a intención de propoñer unha declaración institucional no vindeiro pleno da Deputación de Lugo, para evidenciar o apoio unánime de todas as forzas políticas e adiantaron a disposición da Xunta de mediar no conflito laboral

(máis…)

Read Full Post »

Comisión de Montes (Parlamento) 27/03

O voceiro popular de Montes, Jose Manuel Balseiro, sinala que a Xunta e Fomento fixéronse eco fai tempo da reclamación do sector forestal galego e xa traballan nunha proposta para reformar a normativa vixente

 O GRUPO POPULAR É FAVORABLE A AUTORIZAR UN AUMENTO DA CAPACIDADE DE CARGA DOS CAMIÓNS QUE TRANSPORTAN MADEIRA PARA AFORRAR CUSTES

 OLYMPUS DIGITAL CAMERA

  • Por outra banda os populares defenden que a reorganización do persoal da Consellería do Medio Rural e do Mar foi froito da elaboración dunha nova relación de postos de traballo onde se analizou centro por centro as necesidades de persoal e as funcións que realizan os empregados

(máis…)

Read Full Post »

Emprego: Vestas

Os deputados autonómicos Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez Sierra, a portavoz popular na Deputación provincial, Elena Candia e o presidente local dos populares de Viveiro, Antonio Bouza, mantiveron esta tarde unha reunión co Comité de Empresa da fábrica de Chavín (Viveiro)

O PP anuncia que a Xunta estaría disposta a mediar no conflito laboral da empresa Vestas

OperacionyMantenimiento

  • A administración autonómica actuaría a través do órgano competente, o Consello Galego de Relacións Laborais, sempre que as partes estean de acordo e así o pidan
  • Os populares promoverán no vindeiro pleno da Deputación de Lugo a aprobación dunha declaración institucional, pactada co Comité de Empresa, en apoio aos traballadores

(máis…)

Read Full Post »

Older Posts »

%d bloggers like this: