Comprometidos con Viveiro

Os deputados autonómicos Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra, acompañados do presidente e candidato popular á alcaldía de Viveiro, Antonio Bouza, fixeron balance dos investimentos da Xunta

 

O GRUPO POPULAR SALIENTA QUE NOS ÚLTIMOS SEIS ANOS VIVEIRO RECIBIU 97,2 MILLÓNS DE EUROS EN OBRAS, AXUDAS E SERVIZOS IMPULSADOS POLO GOBERNO GALEGO

 vidal balseiro

  • Desde que Feijóo é presidente viveiro recibiu cada ano unha media de 16,2 millóns de euros en investimentos da Xunta

 

 

Viveiro, 05 de marzo de 2015.- Desde o 2009, data na que Alberto Núñez Feijóo accedeu á presidencia da Xunta de Galicia o concello de Viveiro recibiu, cada ano, unha media de 16,2 millóns de euros en investimentos autonómicos. Isto supón que, nas dúas últimas lexislaturas, os veciños do municipio veñen beneficiándose de obras, axudas e servizos impulsados polo Goberno galego que superan un investimento global de 97,2 millóns de euros.

 Así o explicaron hoxe os deputados autonómicos Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra, acompañados do presidente e candidato popular á alcaldía de Viveiro, Antonio Bouza, tras facer balance en rolda de prensa dos investimentos que a Xunta vén de executar neste municipio nos últimos seis anos.

Os populares salientaron que as cifras oficiais demostran que, tal e como defenden desde o PP, a Xunta é a administración que maior apoio inversor realiza en Viveiro, mostra do compromiso do Goberno galego co municipio máis poboado da Mariña lucense. Entre as partidas máis relevantes atópanse achegas dirixidas ao sector pesqueiro, á mellora das infraestruturas (incluído os recursos procedentes do Fondo de Compensación Ambiental) ou as achegas nas áreas de emprego e benestar ou da igualdade.

INFRAESTRUTURAS

Ao longo dos últimos seis anos o Goberno galego foi quen de financiar a posta en marcha de novas infraestruturas como é o caso do parque de bombeiros comarcais con sede en Viveiro, que supuxo un investimento no municipio que supera os 5,6 millóns de euros, ademais dunha mellora notable na xestión das emerxencias. A Xunta tamén impulsou obras relevantes nas infraestruturas xudiciais da localidade (por valor de 206.894 euros) e na dotación aos xulgados de novas tecnoloxías (54.000 euros)

No relativo ás infraestruturas locais, a través do Fondo de Compensación Ambiental posto en marcha polo Goberno galego con recursos procedentes do canon eólico, a Xunta financiou actuacións como a rexeneración medioambiental do contorno do casco histórico de Viveiro mediante a dotación de contedores soterrados (110.261€), a dotación de servizos na área recreativa de Celeiro (111.755 €) ou a mellora da eficiencia enerxética do alumeado público no medio rural do Concello de Viveiro       (acción na que se investiron 223.354 €)

O Goberno galego tamén financia con 109.222 € o Plan de Mellora de Camiños Rurais e inviste 6,7 millóns de euros no tramo do corredor (Celeiro-San Ciprián) que transcorre polo municipio e 2,3 millóns de euros máis en distintas actuacións de mellora e conservación da rede viaria autonómica ao seu paso por Viveiro. Non podemos esquecer tampouco o 1.250.000 € cos que a Xunta financiou estes seis últimos anos diversos equipamentos para o concello de Viveiro e os 4.100.000 € que investiu no remate da urbanización do parque empresarial de Landrove

SECTOR PESQUEIRO

Unha das partidas máis relevantes é a que a Xunta achega ao sector pesqueiro local, para a execución de diversas obras nos portos, como é o caso dos 805.000 € investidos no reforzo do dique, 45.305 € achegados para a pavimentación explanada, os 34.134 € dirixidos á instalación de vixilancia das instalacións, 57.075 € máis para a pavimentación de viarios xunto a departamentos de pescadores, 46.150 € para obras do firme no acceso á lonxa, 97.000 € para o local multiusos e base de emerxencias ou outros investimentos menores por valor de 85.245 euros.

Tamén existen outras achegas neste ámbito dirixidas a axudas directas ao sector por valor de 13.856.757 €, compensacións socioeconómicas cun investimento de 165.000 €, achegas para melloras nos buques pesqueiros por 482.123 €, investimentos na ordenación e xestión dos recursos mariños por valor de 276.368 € e o financiamento de accións locais do Grupo de Acción Costeira por valor de 356.223 €. Aquí tamén se atopa unha achega autonómica por valor de 111.261 € para a adquisición dunha maquina de tunel de lavado para caixas para a flota de Celeiro.

BENESTAR, EMPREGO E IGUALDADE

No ámbito propio da Consellería de Traballo e Benestar o Goberno galego concertou 150 prazas residencias en Geriatros achegando un importe de 2.200.000 €, investiu 6.100 € no equipamento do centro ocupacional ASPANANE, impulsou 55 accións formativas das que se beneficiarion 825 persoas e para as que achegou 365.000 €, permitiu a formalización de 155 contratos a través dos plans de cooperación para os que destinou 1.492.000 €, e desde o punto de vista do sostemento dos servizos sociais, achegou 566.663 € para o Plan concertado e 1.358.163 € para o sostemento do servizo municipal de axuda no fogar para persoas dependentes. Nesta partida atopamos tamén achegas por valor de 247.501€ para a contratación de nove orientadores laborais e 101.000 € para impulsar diversos programas integrais de emprego.

Por último –e tan só por salientar as partidas máis relevantes desde o punto de vista da súa contía- cómpre sinalar os 198.050 € que o Goberno galego destinou ao financiamento das accións e persoal do Centro de Información á Mulleres e os 13.430 euros achegados para diversas accións de promoción da Igualdade, Conciliación, prevención da violencia.