Emigrantes retornados

Lembra que o Goberno galego intermediou para dar cumprimento á principal demanda deste colectivo: a devolución das sancións, recargos e intereses de demora

OS EMIGRANTES RETORNADOS PODERÁN PRESENTAR AS SÚAS DECLARACIÓNS E SOLICITUDES NA DELEGACIÓN DE FACENDA EN FOZ

cita-previa-hacienda

  • Afirma que tan só será necesario acudir a Lugo cidade naqueles casos nos que se precise recibir asistencia técnica e especializada
  • Pide ao colectivo que non se deixe manipular polo BNG porque só busca xerar polémicas e non as solucións

 

A Mariña, 7 de marzo de 2015.- O secretario xeral dos populares lucenses e secretario do Parlamento de Galicia, José Manuel Balseiro, confirmou esta mañá –tras realizar distintas xestións diante das administracións central e autonómica- que os emigrantes retornados poderán presentar as súas declaracións e solicitudes de reintegro na Delegación da Axencia Tributaria de Foz, sen necesidade de desprazarse fóra comarca.

O popular aclara así que tan só será necesario viaxar á cidade de Lugo para aqueles emigrantes retornados que queiran facer uso do novo servizo especial de asistencia persoal, isto é, da posibilidade de que uns técnicos especialistas –que teñen a súa oficina nas delegacións provinciais- lles asistan na confección da declaración

Ademais están a disposición deste colectivo a propia tramitación vía internet e telemática e os servizos de asesoramento telefónico e web, para resolver as dúbidas que estimen oportunas sobre os modelos para solicitar o reintegro das cantidades abonadas a Facenda.

A XUNTA INTERMEDIOU NA SOLUCIÓN

Balseiro volve a lembrar que o PP e a Xunta sempre buscou unha solución tras ter constancia da problemática xurdida porque un grupo de emigrantes retornados si fixo e outros non a declaración das súas rendas e pensións obtidas no estranxeiro ante Facenda.

Ata o punto é así que  insiste Balseiro a intermediación do Goberno galego fronte á Facenda estatal foi decisiva para cumprir á principal demanda dos emigrantes retornados: que foi a devolución íntegra das sancións, recargos e xuros (intereses de demora), tal e como se acordou por unanimidade no Parlamento de Galicia.

MANIPULACIÓN DO BNG

O popular pediulle iso si ao colectivo de emigrantes retornados que non se equivoquen de enimigo, nin deixen manipular polo BNG e os seus responsables comarcais, porque o único  interese dos nacionalistas é continuar xerando polémicas continuadas e barullos a base pancartas, en vez de buscar posibles solucións construtivas, como nas que estivo e están traballando as administracións populares.