Novas Xeracións

O secretario xeral dos populares lucenses clausurou o Congreso Local de Novas Xeracións en Ribadeo

BALSEIRO SALIENTA A REDUCIÓN NUN 25% DO PARO XUVENIL NA MARIÑA LUCENSE O ÚLTIMO ANOS

foto prensa

  • O ritmo de baixada do paro entre os menores de 25 anos supera en catorce puntos a media global

 

  • Balseiro pon en valor os beneficios das políticas activas de emprego impulsadas pola Xunta e o Goberno central en contraste coa Deputación que deixa fóra A Mariña de moitas das súas accións

 

Ribadeo, 7 de marzo de 2015.- O secretario xeral dos populares lucenses e secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro, salientou a redución nun 25% do paro xuvenil na Mariña lucense nos últimos doce meses. O dirixente popular destacou que á baixada xeral do número de desempregados na nosa comarca hai que engadir, con especial intensidade, o bo comportamento da cifra entre os menores de 25 anos, “que se reduce a un ritmo 14 puntos superior á media global”.

Balseiro fixo esta análise durante o discurso de clausura do Congreso Local de Novas Xeracións en Ribadeo, que tivo lugar esta mañá e no que quixo poñer en valor os beneficios das políticas activas de emprego impulsadas pola Xunta e o Goberno central

“A Estratexia de emprego xuvenil posta en marcha polo presidente Feijóo está dando os seus froitos. Trátase dun programa concreto para os mozos e as mozas galegas, que non só os mantén como prioritarios nos accesos ás distintas fórmulas de axudas e aos incentivos á contratación da Xunta de Galicia, senón que debuxa unha folla de ruta específica para que a mocidade galega teñan un pouco máis fácil atopar un traballo. Queremos, en definitiva, que ninguén quede descolgado na saída da crise”

EMPREGO XUVENIL

Balseiro explicou que a Estratexia de emprego xuvenil 2014-2015, dotada con 100 M€, beneficiará nos vindeiros dous anos a máis de 95.000 persoas a través dun paquete de 19 medidas para fomentar a inserción laboral da mocidade galega. A metade das accións son formativas “dado que os datos acreditan que máis de 28.000 mozos e mozas menores de 30 anos en Galicia ou non teñen ningún tipo de formación ou só contan con estudos primarios” pero tamén hai incentivos á contratación en empresas

Balseiro explicou que á mellora deste segmento do emprego están contribuíndo tamén factores como a posta en marcha dos obradoiros e escolas taller, as contratacións subvencionadas pola Xunta en todos os concellos da Mariña ao abeiro do plan de cooperación ou a definición dunha formación profesional máis acaída as demandas reais do mercado laboral.

So en 2013 A Mariña recibiu 1,5 millóns de euros en investimentos en materia de emprego, situación que contrasta co feito pola Deputación de Lugo que excluíu a todos os parados da Mariña dos seus plans de emprego excepto á Pontenova. “Nos nunca nos comportaremos como o bipartito provincial. A Besteiro e a Veiga parece que non lles importan os parados da Mariña, aos que deixa fóra dos seus plans de emprego ou ofrece accións formativas que despois non son homologables”

AVAL Á XESTIÓN DOS POPULARES

Xa en clave global, Balseiro asegurou que a progresiva baixada do paro (tanto do rexistrado nas oficinas dos servizos de emprego, como a constatación do aumento no número de contratacións) avala a xestión económica dos populares. Neste senso, fixo fincapé en que, se ben o seu partido non está satisfeito porque as cifras do paro aínda son altas e hai familias sufrindo as consecuencias, tamén é certo que se camiña pola senda correcta para que a recuperación económica se palpe en cada un dos fogares.