• Inicio
  • Hospital da Costa (Burela)
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Novas Xeracións
Facenda »

Pleno 10-11/03

10, Marzo 2015 por Admin B

O voceiro de Montes, Jose Manuel Balseiro, dixo que os partidos da oposición son incapaces de actuar con coherencia respecto daquelo que predican e lembra que a Junta de Andalucía, xestionada ata fai ben pouco por PSOE e EU, vén de recortar 18.000 traballadores públicos en dous anos

 O GRUPO POPULAR LEMBRA QUE GALICIA FOI A COMUNIDADE AUTÓNOMA QUE MANTIVO MÁIS ESTABLE O SEU NÚMERO DE EMPREGADOS PÚBLICOS

Balseiro pleno CV

  •  Defenden que a amortización de postos de traballo na Consellería do Medio Rural é froito da elaboración dunha nova RTP que analizou centro por centro as necesidades de persoal e as funcións que realizan os empregados
  •  Aclara que nos centros de formación e experimentación agroforestal non se eliminou ningún posto de traballo con cobertura e sinala que incluso algúns centros como o de Louirizán ten incrementado o seu cadro de persoal

 

Santiago, 10 de marzo de 2015.- O voceiro de Montes do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, defendeu hoxe, no Pleno do Parlamento, que Galicia foi a comunidade autónoma que mantivo máis estable o seu número de empregos públicos e lamentou que os partidos da oposición non sexan quen de recoñecer os esforzos que estivo e que está a facer o Goberno popular que, desde o inicio da crise vén apostando por racionalizar os efectivos da administración, e xestionando o seu persoal dun xeito máis racional e responsable.

Ao mesmo tempo Balseiro salientou que os partidos da oposición son incapaces de actuar con coherencia respecto daquelo que predican e sinalou que mentres en Galicia critican a amortización daqueles postos de traballo que permanecen vacantes, ven absolutamente normal que en institucións como a Junta de Andalucía, xestionada ata fai ben pouco por PSOE e EU, se recorten ata en 18.000 o número de traballadores públicos en dous anos.

A OPOSICIÓN LIDERES EN RECORTES

“Mentres coas medidas tomadas polo Goberno galego a Xunta mantivo relativamente estable os seus efectivos, de seguir a mesma evolución que a media das comunidades autónomas, a Xunta tería hoxe 3.000 traballadores menos, ou aplicando o modelo que os partidos da oposición executaban desde o Goberno de Andalucía, a Xunta tería agora 5.200 empregados públicos menos”

Balseiro defendeu que o Goberno galego segue adoptando en Galicia medidas para mellorar a situación do emprego público, entre outras nomeou o reforzo da estabilidade dos funcionarios, a través dos concursos de traslados (dende 2009 ofertáronse máis de 6.800 prazas) ou ten impulsado diferentes ofertas de emprego público (coñecíamos a semana pasada a OPE de 2015, na que se multiplica por catro a oferta de 2014)

NOVA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO

Balseiro tamén defendeu a decisión da Consellería do Medio Rural e do Mar que decidiu amortizar unha serie de prazas que permanecían vacantes, froito da elaboración dunha nova relación de postos de traballo, que analizou centro por centro as necesidades de persoal e as funcións que realizan os empregados

Aclarou tamén, desmentido as palabras da oposición, que nos centros de formación e experimentación agroforestal non se eliminou ningún posto de traballo con cobertura e sinalou que incluso algunhas áreas como a que ten a súa sede en Louirizán ten incrementado o seu cadro de persoal

Rematou pedindo que os artífices das políticas que levaron a Galicia a sufrir a súa peor vaga de incendios da súa historia, hoxe na oposición, non intenten agora dar leccións sobre como organizar o operativo de prevención e extinción de lumes forestais

Compartir:

  • Click to share on Facebook (Opens in new window)
  • Compartir en Twitter (Opens in new window)
  • Imprimir (Opens in new window)
  • Enviar isto a unha amizade (Opens in new window)

Like this:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MEDIO RURAL, MONTES |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Marzo 2015
    L M M X V S D
    « Feb   Abr »
     1
    2345678
    9101112131415
    16171819202122
    23242526272829
    3031  
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete aos outros 15 segidores

Blog en WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
%d bloggers like this: