Facenda

Así o adiantou hoxe o secretario xeral dos populares lucenses, Jose Manuel Balseiro logo da efectuar diversas xestións e obter a confirmación dos responsables do Ministerio de Facenda

EMIGRANTES RETORNADOS PODERÁ FACER TODOS OS SEUS TRÁMITES NA AXENCIA TRIBUTARIA EN FOZ

cita-previa-hacienda

  • A delegación mariñá reforza o seu servizo e, ademais de poder presentar as solicitudes de condonación das sancións, xuros e recargos, serán asistidos por un técnico e poderán confeccionar alí as súas declaracións
  • Desde mañá mesmo e no horario habitual de atención ao público poderán solicitar cita previa para realizar todos estes trámites e acollerse ao prazo extraordinario antes do 30 de xuño

 

Foz, 11 de marzo de 2015.- O secretario xeral dos populares lucenses e deputado autonómico, Jose Manuel Balseiro, anunciou hoxe que os emigrantes retornados poderán facer todos os seus trámites na Axencia Tributaria de Foz.

 Se fai uns días confirmaba que este colectivo xa podía presentar as súas solicitudes para a devolución das sancións nesta delegación comarcal, hoxe está en disposición de asegurar “que incluso se amplía este servizo” e tamén en Foz poderán recibir, concertando cita previa, asesoramento dun técnico especializado e poderán ser asistidos para confeccionar as súas declaracións. “Todo isto sen necesidade de trasladarse a Lugo, tal e como tiñan que facer ata o de agora”- aclara Balseiro.

Así o adiantou esta mañá o secretario xeral dos populares lucenses, Jose Manuel Balseiro, logo da efectuar diversas xestións e confirmar a inminencia do reforzo ante os responsables do Ministerio de Facenda

DEVOLUCIÓN DAS SANCIÓNS

 Cumprindo a principal demanda dos emigrantes retornados, a Axencia Tributaria habilitou un prazo extraordinario para que, ata o 30 de xuño, aqueles integrantes deste colectivo que non o fixeron poidan regularizar a súa situación. O Ministerio de Facenda condonará todas as sancións, todos xuros de demora e recargos impostos a este colectivo e devolverá as cantidades xa abonadas.

 Esta medida responde, aclara Balseiro, a unha proposta trasladada pola Xunta ao ministro de Facenda e tamén supón o cumprimento do acordo unánime que, sobre este particular se adoptou no Parlamento galego.

 O BNG NON QUEREN SOLUCIÓNS

 Balseiro volveu a poñer en valor as xestións en positivo e construtivas que o Partido Popular está a realizar na procura dunha solución para este colectivo e insistiu en que os emigrantes retornados non deben deixarse manipular por partidos políticos como o BNG. “Os nacionalistas so queren seguir coa pancarta e a eles nunca lles interesou que se chegase a unha solución”.

 “Hoxe podemos dicir que as negociacións nos despachos teñen máis forza que os intentos de manipulación do BNG”, e convencidos de que había un problema e que era posible facilitar que todos os emigrantes retornados da nosa comarca puideran facer os trámites desde Foz, evitando desprazamentos, puxemos en marcha as iniciativas precisas para conseguilo