Mel

A Xunta destina 400.000 euros en axudas á apicultura

mel_02

 En resposta a unha pregunta da que era autor o deputado popular, Jose Manuel Balseiro, a directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa, explicou que a Consellería do Medio Rural e do Mar dispón, en 2015, dun orzamento inicial de 400.000 euros dirixido a axudas para o fomento de actividades destinadas a mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura.

Tamén manifestou que poderán ser beneficiarios destas axudas os titulares de explotacións apícolas; así como as cooperativas apícolas, organizacións representativas e asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia.

Patricia Ulloa destacou tamén que existen outras liñas de apoio ao sector tales como as axudas tramitadas á Indicacion Xeográfica Protexida Mel de Galicia; as axudas para a incorporación de mozos á actividade agraria dentro do sector da apicultura; e as axudas dentro das medidas de Agroambiente e clima e Agricultura ecolóxica, previstas no PDR de Galicia 2014-2020.

A pregunta parlamentario foi obxecto de formulación hoxe na Comisión 7ª de Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes  do Parlamento de Galicia