Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for 18 Marzo 2015

O titular da Xunta avanza que a ampliación se licitará neste 2015, cun investimento inicial de 14 millóns de euros

O PRESIDENTE DA XUNTA PRESENTA O PLAN PARA A AMPLIACIÓN DO HOSPITAL DA COSTA

Feijóo salienta que a ampliación fará realidade un Hospital da Costa máis moderno e accesible para os pacientes e para os profesionais: con máis camas, un novo espazo ambulatorio e un hospital de día médico

  • Precisa que, na área de hospitalización, se crearán 24 novas habitacións e remodelaranse outras 30 e na área ambulatoria estableceranse tamén novos gabinetes de exploración e unha nova sala de cirurxía menor
  • Asevera que a Sanidade pública ao servizo do paciente é a máxima do Sergas e refírese á evolución deste hospital como proba disto: mellorando a súa xestión; renovando a tecnoloxía e investindo en novas infraestruturas, coa posta en marcha do hospital de día onco-hematolóxico
  • Destaca o compromiso e o traballo dos profesionais do Sergas que fixeron posible que desde 2009 ata o 2014, no Hospital da Costa: a espera cirúrxica global se reducise de 100 días a menos de 60; e que os tempos de espera para os pacientes de prioridade 1 pasasen de oito a seis días, e para os de prioridade 2 de 60 días a 32
  • Sinala que o obxectivo é que en 2016 o 70% dos galegos conten na súa área sanitaria cun centro sanitario novo ou renovado”

(máis…)

Read Full Post »

Investimentos en Becerreá

Os deputados autonómicos Jose Manuel Balseiro e Ángel Camino Copa, acompañados do candidato popular á Alcaldía de Becerreá, Miguel Cela, fixeron balance dos investimentos realizados pola Xunta nesta localidade da Montaña lucense desde que Feijóo é presidente

O GRUPO POPULAR SALIENTA QUE NOS ÚLTIMOS SEIS ANOS BECERREÁ RECIBIU UN INVESTIMENTO DE 31,2 MILLÓNS DE EUROS DA XUNTA DE GALICIA

 IMG_1793

 

  • Cada ano o Goberno galego investiu como media máis de 5,2 millóns de euros en obras, servizos, diversas actuacións e transferencias en beneficio dos veciños desta localidade

 

  • As cifras oficiais desmenten o permanente victimismo do alcalde quen non ten máis remedio que aceptar que a Xunta é a primeira administración por esforzo inversor en Becerreá

 

  • Emprazan a facer público, como integrante do goberno provincial, os investimentos da Deputación que seguro serán moito menores aos feitos pola Xunta

  (máis…)

Read Full Post »

%d bloggers like this: