O mellor está chegando

O mellor está chegando

 

Os populares da Mariña agradecen ao presidente Feijóo que a Xunta cumpra os compromisos coa ampliación do Hospital da Costa

O hospital desde o parque

  • Probablemente “está é unha das novas máis esperadas dos veciños desta comarca”, que os populares sempre a defenderon, incluso en solitario

 

  • Outros dicían (seguen dicindo) que iamos pechar o hospital pero a realidade é que hoxe –e calquera pode velo- temos un centro con máis servizos (oncoloxía, hospitalización a domicilio), con mellor tecnoloxía (ecógrafos, reforma dos quirófanos) e agora tamén cun proxecto firme para a súa ampliación

 

Burela, 19 de marzo de 2015.- Desde o Partido Popular da Mariña lucense, pero moi especialmente cada un dos seus cargos públicos e representantes como veciños e veciñas desta comarca, queren agradecer hoxe ao Presidente Feijóo e ao seu goberno que cumpra os compromisos que adquiriu coa ampliación do Hospital da Costa.

Os populares sinalan que onte foi un día “que pasará á historia desta comarca” pois, “xa temos, xa coñecemos o plan director”, o documento técnico que di como, con que características, con que orzamentos se van a levar a cabo as obras de ampliación do centro, tras máis de 25 anos de historia.

No PP subliñan que, probablemente “está é unha das novas máis esperadas dos veciños desta comarca”, e lembran que os populares sempre a defenderon, incluso en solitario.

“Outros dicían (seguen dicindo) que iamos pechar o hospital pero a realidade é que hoxe –e calquera pode velo- temos un centro con máis servizos (oncoloxía, hospitalización a domicilio), con mellor tecnoloxía (ecógrafos, reforma dos quirófanos) e agora tamén cun proxecto firme para a súa ampliación”.

COMPROMISO: AS OBRAS NESTE ANO

“O mellor está chegando” aseguran desde o PP comarcal onde tamén asumen a tarefa de seguir atentos para impulsar cada un dos pasos que están por dar, “para que se liciten as obras, para que se inicien neste ano, para contar con ese hospital máis moderno, amplo e accesible que merecemos”.

 “O goberno do PP cumpre co sistema sanitario público da nosa comarca, Feijóo cumpre cos veciños da Mariña lucense e cos profesionais da saúde. Levabámolo no noso programa electoral e estámolo demostrando facendo efectivas esas promesas e executando aquelo ao que nos comprometemos”- conclúen