• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Balance do Goberno Feijóo en Guitiriz
A Xunta comprometetida con Monterroso »

Pleno do Parlamento

24, Marzo 2015 por Admin B

O voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, valora moi positivamente a disposición de negociación de todas as partes, na procura de alternativas e solucións en beneficio da flota do cerco e convida á oposición a facer achegas construtivas neste sentido

O GRUPO POPULAR PON EN VALOR A CONVOCATORIA DA COMISIÓN SECTORIAL DO CERCO PARA BUSCAR MELLORAS NO SISTEMA DE COMERCIALIZACIÓN

 Flota

  • Pon en valor as medidas desenvolvidas pola Xunta para facer posible que as pesquerías sexan máis rendibles, tales como a flexibilización da sanción por sobrepesca, se permite certo intercambio de cota entre zonas ou as correccións introducidas na valoración dos históricos
  •  Os populares consideran un erro renegociar o actual reparto para establecelo por tripulante pois “para gañar un pouco perderiamos moito máis e non poderiamos pescar boa parte do que nos darían”

Santiago, 24 de marzo de 2015.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, quixo poñer en valor hoxe durante o debate que tivo lugar no Pleno do Parlamento a iniciativa, acordada entre as administracións pesqueiras autonómica e estatal e os representantes do sector, para convocar a comisión sectorial do cerco do Consello galego de pesca e así buscar, en consenso, melloras no actual sistema de comercialización que fagan posible que as pesquerías sexan máis rendibles no tempo.

 Balseiro valorou moi positivamente a disposición de negociación de todas as partes (Consellería do Medio Rural e do Mar, Secretaría Xeral de Pesca do Ministerio e Asociación de Armadores do Cerco de Galicia) na procura de alternativas e solucións en beneficio desta flota e convidou á oposición –PSOE, AGE, BNG e Grupo Mixto- a facer achegas construtivas neste mesmo sentido.

CONTRARIOS Á RENEGOCIACIÓN

Balseiro considera “un grave erro” renegociar o actual reparto das posibilidades e pesca para establecelo por tripulante, como defendía a oposición, pois “para gañar un pouco, perderiamos moito máis e non poderiamos pescar boa parte do que nos darían”

“Poderiamos perder incluso na xarda -indicou Balseiro- xa que suporía a entrada do cerco andaluz do golfo de Cádiz pois o TAC e conxunto. Xa temos un reparto que nos da un 25,9% da cota fronte ao 21% dos históricos. Poderiamos perder tamén no xurelo, pois mentres gañariamos algo nas zonas VIIIc tamén teriamos que repartir a cota na zona IXa (onde Galicia ten o 97,9% do total e onde máis pescamos nos anos pasados) Daríannos máis cota de xurelo na VIIIb onde boa parte da nosa flota non pode chegar por falta de porte. E poderiamos perder incluso no caso de repartir a sardiña xa que por históricos temos máis que por tripulante”

A XUNTA A FAVOR DO SECTOR

Pola súa banda o Grupo Popular salientou as iniciativas postas en marcha pola Xunta de Galicia en beneficio da flota do cerco que se materializaron, por exemplo, en que Galicia conseguiu incrementar o seu peso sobre o total da cota de xarda da que dispón a flota española.

 “Se antes Galicia representaba o 21% dos históricos, en 2015 esta cifra vexe incrementada ata o 25,9%” –dixo Balseiro. Esta alza foi posible grazas ás correccións introducidas, a petición da Xunta, na propia valoración dos históricos, polos cambios nos repartos entre os segmentos de flota, así como tamén, e sobretodo, tras lograr flexibilizar as sancións por sobrepesca e ampliar o tempo de devolución das mesmas.

“Un simple dato: de aplicarse a sanción estricta hoxe a nosa flota non podería pescar nin un só quilogramo”-lembrou Balseiro. Sancións das que son responsables os que gobernaban en Madrid nos anos 2009 e 2010, é dicir: as forzas que hoxe son oposición en Galicia”

 

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Marzo 2015
    L M M X V S D
     1
    2345678
    9101112131415
    16171819202122
    23242526272829
    3031  
    « Feb   Abr »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: