Comisión de Montes (Parlamento) 27/03

O voceiro popular de Montes, Jose Manuel Balseiro, sinala que a Xunta e Fomento fixéronse eco fai tempo da reclamación do sector forestal galego e xa traballan nunha proposta para reformar a normativa vixente

 O GRUPO POPULAR É FAVORABLE A AUTORIZAR UN AUMENTO DA CAPACIDADE DE CARGA DOS CAMIÓNS QUE TRANSPORTAN MADEIRA PARA AFORRAR CUSTES

 OLYMPUS DIGITAL CAMERA

  • Por outra banda os populares defenden que a reorganización do persoal da Consellería do Medio Rural e do Mar foi froito da elaboración dunha nova relación de postos de traballo onde se analizou centro por centro as necesidades de persoal e as funcións que realizan os empregados

 Santiago, 27 de marzo de 2015.- O Grupo Parlamentario Popular amosouse favorable a atender a reclamación do sector forestal galego e, en consecuencia, é partidario de autorizar un aumento da capacidade de carga dos camións que transportan madeira e así poder aforrar custes.

O voceiro de Montes do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro explicou que tanto a Xunta como o Ministerio de Fomento -que é quen ten as competencias para impulsar esta reforma- veñen traballando nesta posibilidade e xa están en marcha as modificacións normativas que farán posible acoller esta demanda.

O voto a favor dos populares foi decisivo para a aprobación por dunha proposición non de lei do Grupo Socialista na Comisión de Agricultura e Montes do Parlamento de Galicia, celebrada hoxe na Cámara galega. Aínda que os populares introduciron unha emenda para incrementar a carga autorizada ata as 60 toneladas, o PSOE non quixo incorporala ao texto final, o que en todo caso non foi obstáculo para decantar o voto favorable do PP e aprobar por unanimidade este acordo.

Desde o PP si amosaron certa sorpresa porque o PSOE se decatase agora desta demanda do sector, e lembra que xa o ano pasado o Grupo Parlamentario Popular no Congreso trasladou unha iniciativa similar ás Cortes Xerais sobre medidas para facilitar a mobilidade da madeira e na que se contemplaba expresamente a modificación do regulamento de vehículos para autorizar un aumento de carga, na que xa se está traballando.

A tese defendida polos populares na súa emenda era moi ambiciosa ata o punto de que propoñía instar á Xunta de Galicia para que o Goberno do Estado, facéndose eco das demandas dos representantes do sector forestal e transportistas, “modifique o Real Decreto 2822/1998, e autorice a circulación de camións en configuración euromodular de ata un máximo de 25,25 m de lonxitude e 60t de peso”

Cómpre sinalar que España hoxe aplica a norma máis restritiva da Unión Europea que limita a capacidade de porte de madeira en 40 toneladas. Esta razón sirve de argumento a países competidores como Portugal ou Francia para permitir maiores cargas e competir con Galicia. Ademais un aumento da capacidade de carga trae aparellado unha redución dos custes de transporte, que redundarán na mellora da competitividade da industria forestal, un sector estratéxico en Galicia. De feito Balseiro lembrou que, en Galicia o número de camións que circula cada día transportando madeira ronda os 1.300 e córtanse 8 millóns de metros cúbicos cada ano.

 AMORTIZACIÓN POSTOS DE TRABALLO EN MEDIO RURAL

 Por outra banda, Balseiro lembrou que Galicia foi a comunidade autónoma que mantivo máis estable o seu número de empregados públicos. Así o defendeu no transcurso dunha iniciativa de Alternativa Galega de Esquerdas sobre a amortización de postos de traballo na Consellería do Medio Rural. Os populares defenden que a reorganización foi froito da elaboración dunha nova relación de postos de traballo, neste departamento, onde se analizou centro por centro as necesidades de persoal e as funcións que realizan os empregados

O deputado popular aclarou que nos centros de formación e experimentación agroforestal non se eliminou ningún posto de traballo con cobertura e sinalou que incluso algúns centros como o de Louirizán ten incrementado o seu cadro de persoal. Rematou pedindo que os artífices das políticas que levaron a Galicia a sufrir a súa peor vaga de incendios da súa historia, hoxe na oposición, non intenten agora dar leccións sobre como organizar o operativo de prevención e extinción de lumes forestais