Comprometidos con Burela

Os deputados autonómicos Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra acompañados do do alcalde de Burela e candidato á relección, Jose María González Barcia, fixeron balance das achegas autonómicas recibidas nesta localidade

 BURELA RECIBIU DA XUNTA 72,38 MILLÓNS DE EUROS EN INVESTIMENTOS DURANTE OS ÚLTIMOS SEIS ANOS DE GOBERNO DE ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO

 FOTO

  • Cada ano o Goberno galego destina 12,06 millóns de euros para financiar obras, servizos e actuacións en beneficio dos veciños desta localidade

 

  • Entre outras actuacións salientan o investimentos no ámbito pesqueiro que superan os 17,04M€, os 8M€ da obra de acceso ao porto -en plena execución- os 9,4 millóns de euros en materia de emprego e benestar e 2,3 máis para o Hospital da Costa

 

  • Retan á Deputación de Lugo a facer públicas as súas achegas, moi inferiores ás da Xunta, porque á hora da verdade só o Goberno galego cre e aposta por Burela

Burela, 30 de marzo de 2015.- Os veciños do municipio de Burela beneficiáronse nos últimos seis anos de goberno de Alberto Núñez Feijóo de máis de 68 millóns de euros en obras, servizos, transferencias e outros investimentos executados pola Xunta de Galicia.

Así o explicaron este mañá en rolda de prensa o secretario xeral do Partido Popular de Lugo, Jose Manuel Balseiro, acompañado do tamén deputado autonómico Vidal Martínez-Sierra e do candidato á reeleción e actual alcalde, Jose María González Barcía.

Os populares quixeron facer balance das achegas do Goberno galego desenvolvidas desde o ano 2009, e explicaron que se poden dividir en dúas grandes áreas: investimentos directos, que superan os 43,3 millóns de euros, e partidas xenéricas con destino no municipio de Burela, que supuxeron 29 millóns de euros en inversión.

Balseiro, Martínez-Sierra e Barcia salientaron que, desde que Feijóo é presidente, cada ano Burela recibe unha media de 12,06 millóns de euros da Xunta de Galicia. Unha cifra que sitúa ao municipio nun posto destacado polo amplo respaldo e esforzo inversor da administración autonómica

Por outra banda, os populares, convencidos da importancia de dar a coñecer este balance, como exemplo de transparencia, retaron á Deputación de Lugo a facer públicas as súas achegas, con toda seguridade moi inferiores ás da Xunta e as doutras localidades mariñáns ten moito máis interese, porque á hora da verdade só o Goberno galego cre e aposta por Burela

PESCA

Un dos ámbitos nos que os investimentos da Xunta teñen maior peso é o pesqueiro, de feito, Burela é unha das localidades máis importantes en canto achegas recibidas tanto directamente en axudas e apoios aos profesionais do mar, comercialización e transformación, como tamén no relativo a distintas obras executadas na mellora das infraestruturas portuarias. En todos estes aspectos as achegas superaron os 17 millóns de euros:

Investimentos na acuicultura 451.026 €
Investimentos na industria transformadora e comercialización 1.271.637 €
Axudas á flota pesqueira 12.149.782 €
Compensacións socioeconómicas 170.871 €
Investimentos en buques pesqueiros 536.563 €
Investimentos en vixilancia en bancos e caladoiros 112.891 €
Investimentos nos Grupos de Acción Costeira 454.827 €
Outros proxectos 62.691 €
Plan de Investimento Menores 167.689 €
Mellora do abrigo e ampliación de atraques 500.000 €
Prolongación do martelo que separa as zonas comercial e pesqueira 480.000 €
Instalación Sistema de vixilancia CCTV para a Confraría de Pescadores “San Juan Bautista”, mellora acceso peirao norte 683.335 €

Para completar estes apoios a Consellería do Medio Rural e do Mar achegou 9 millóns de euros xa dentro das partidas xenéricas con destino concreto neste municipio investimentos para proxectos dinamizadores (103.010,66 €), Plan Marco Programa Mellora de Camiños Municipais (157.461,88 €), Proxectos Leader (375.079,42 €), Área infraestruturas (924.333,89 €), Fondo de Garantía Agraria (    5.234.059,42€), Producción agropecuaria (1.330.035,12€), Prevención contra os incendios forestais (110.316,81 €), Convenios e subvencións de prevención de incendios (378.214,23 €), Ordenación e fomento forestal (545.222,88 €)

EMPREGOS E SERVIZOS SOCIAIS

Outra das áreas de investimento prioritario do Goberno galego en Burela foi o emprego e o benestar, aos que achegou case 10 millóns de euros. Así a Xunta financiou a construción dunha nova escola infantil con 41 prazas actuación para a que destina (580.000 €), financia con 651.000 € o Centro Ocupacional e centro de día da Fundación Eu Son, achegou 17.000 € como subvención para a o centro residencial e ocupacional (1ª fase) para enfermos mentais de A Mariña, destina 1,8M€ para o sostemento das prazas de atención de día a menores do centro San Aníbal, e 95.000 € máis para as vivendas tuteladas, e 12.300 € como subvención para a fundación Burela-A Mariña de discapacidade intelectual para a adquisición de equipamento do centro de día

 En materia de emprego 925 persoas beneficiáronse de 60 Accións Formativas (2.630.000 €), 171 persoas foron contratadas a través dos plans de cooperación (1.583.700 €), 15 alumnos recibiron formación no Obradoiro de Emprego “Faro de Burela IV” (2012-2013)        acción para a que se achegou 132.248 €, 22 alumnos recibiron formación no Obradoiro de Emprego “Sendas de Burela, Cervo e Xove” (2013-2014) con investimentos por 195.435 €, 20 alumnos recibiron formación no Obradoiro de Emprego “Sendas de Burela, Cervo e Xove II” (2014-2015) que supuxo un investimento de 177.668 €

 En transferencias en beneficio de Burela achegáronse 452.796 € para o Plan Concertado        de servizos, sociais, 818.014 € para o sostemento do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes, e foron subvencionados pola Xunta a contratación de 11 orientadores laborais 224.450 € e 5 persoas en risco de exclusión social para o que se destinou 41.902 €

 SANIDADE, EDUCACIÓN, IGUALDADE E DEPORTES

 No ámbito sanitario cómpre sinalar que o Goberno galego destinou 2,2 millóns de euros en obras, novos servizos e dotacións tecnolóxicas para o Hospital da Costa e para subvencionar 112.530 euros a redacción do plan director para a ampliación do centro hospitalario.

 Distintas actuacións de mellora dos centros educativos públicos de Burela supuxeron un investimento conxunto de 323.509,71 €. A esta cifra habería que engadir no futuro os 430.000 euros que a Consellería de Cultura e Educación ten previsto destinar á abra de ampliación do IES Perdouro (Burela)

 A Xunta tamén achegou 38.821,16 € para financiar actividades no ámbito cultural e 370.089 no ámbito da igualdade, que se distribuíron do seguinte xeito: Mantemento do Centro de Información á muller (CIM) 280.116,83 €, 11.236 € en promoción da igualdade, conciliación ou prevención da violencia, 50.564,79 €  para a Asociación Hijas del Divino Cielo, 22.606,16 € para a  Asociación Mujeres en Igualdad de Burela e finalmente preto de 6.000 euros para as ANPAS dos colexios da localidade.

 No ámbito deportivos salientaron os seguintes investimentos:

Axudas a clubs 457.431 €
Dotación de herba artificial do campo de fútbol de A Marosa 560.000 €

CONSELLERÍA CMATI

 Por outra banda, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas achegou 120.000 € para a redacción do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal recentemente aprobado de xeito definitivo e está a investir 8M€ nas obras de acceso ao porto, en plena execución. Tamén se achegaron –en concreto para Burela- 4,2 M€ para as obras de abastecemento conxunto con Cervo.

 Outras achegas foron:

Investimentos nas obras en estradas 5.176.155,39 €
Conservación integral 1.261.687,87 €
Inversión en Medio Ambiente 1.281.397,19 €
Reparacións de vivendas de promoción pública 167.353,80 €
Axudas para rehabilitación de vivendas 575.847,28 €
Axudas para adquisición de 56 vivendas protexidas 61.790,35 €

ECONOMIA E INDUSTRIA

 Os apoios desta Consellería se centraron, nos últimos seis anos en Burela en:

Promoción, modernización e desenvolvemento do sector comercial 428.915,97 €
Investimento no eido enerxético 1.163.595,20 €
Dinamización da actividade económica e empresarial 8.303.975,07 €
Desenvolvemento da innovación e investimentos tecnolóxicos 403.618,48 €

PEQUENAS INFRAESTRUTURAS

 Outras actuacións relevantes foron: a subministración e colocación de xogos infantis no parque Rosalía de Castro    (37.167 €) a reposición de rede de saneamento na rúa Ramón Farré (29.822 €) con cargo ao Fondo de Compensación ambiental (canon eólico)

 EMERXENCIAS E XUSTIZA

 E tamén, no ámbito das emerxencias, a Xunta achegou 22.988 € para un Vehículo de protección civil, 46.982 € en subvenciones para a Agrupación voluntarios de Protección civil, 6.687 € para a contratación de auxiliares de policía local durante a tempada de verán e outros 646.174 € na parte que lle corresponde para o mantemento, operatividade e construcción do parque contra incendios

 No ámbito das transferencias para o financiamento dos gastos de funcionamento do Xulgado de Paz o Goberno galego investiu 22.574 €

 NOVAS TECNOLOXÍAS, INTERNET E TELEVISIÓN

 Finalmente, os populares destacaron os 564.140,75 € destinados ao Plan de Banda Larga de Galicia, 131.105,11 € para equipamento TIC para o desenvolvemento do proxecto Abalar, 5.789 € para soporte e mantemento de ferramentas, plataformas e infraestruturas da Rede CeMIT,  32.345 € nas actuacións necesarias para a transición á TDT, 951 € para renovación de equipamentos de difusión por tecnoloxías máis eficientes, 2.303 € para xestión de proxectos de inclusión dixital, e 15.000 € en subvención para o apio das actuacións de inclusión dixital recollida no Convenio da Xunta de Galicia-Fegamp