Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Marzo 2015

A Xunta comprometetida con Monterroso

O secretario xeral dos populares lucenses e deputado Jose Manuel Balseiro acompañado da candidata popular á alcaldía local, Pilar Varela, fixeron hoxe balance do período de goberno autonómico popular

 A XUNTA DE GALICIA INVESTIU 34,4 MILLÓNS DE EUROS EN MONTERROSO NOS ÚLTIMOS SEIS ANOS

 FOTO PRENSA

  • Desde que Feijóo é presidente a Xunta abriu un novo colexio e un novo centro de saúde na localidade, financiou a constitución do Grupo de Emerxencias Supramunicipais e achegou un investimento medio que cada ano supera os 5,7 millóns de euros

 

  • As cifras oficiais desmontan o reiterado discurso do alcalde e amosan o forte compromiso inversor da Xunta

 

  • Emprazan á Deputación de Lugo a render contas tamén do investimento achegado a este concello, que adianten será moi inferior, porque tan so saben “vender fume”

(máis…)

Read Full Post »

Pleno do Parlamento

O voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, valora moi positivamente a disposición de negociación de todas as partes, na procura de alternativas e solucións en beneficio da flota do cerco e convida á oposición a facer achegas construtivas neste sentido

O GRUPO POPULAR PON EN VALOR A CONVOCATORIA DA COMISIÓN SECTORIAL DO CERCO PARA BUSCAR MELLORAS NO SISTEMA DE COMERCIALIZACIÓN

 Flota

  • Pon en valor as medidas desenvolvidas pola Xunta para facer posible que as pesquerías sexan máis rendibles, tales como a flexibilización da sanción por sobrepesca, se permite certo intercambio de cota entre zonas ou as correccións introducidas na valoración dos históricos
  •  Os populares consideran un erro renegociar o actual reparto para establecelo por tripulante pois “para gañar un pouco perderiamos moito máis e non poderiamos pescar boa parte do que nos darían”

(máis…)

Read Full Post »

Balance do Goberno Feijóo en Guitiriz

Os deputados autonómicos Jose Manuel Balseiro e Agustín Baamonde, acompañados do alcalde, Xose María Teixido, fixeron balance dos investimentos achegados á localidade desde que Alberto Núñez Feijóo é presidente da Xunta

 GUITIRIZ RECIBIU NOS ÚLTIMOS SEIS ANOS 48,2 MILLÓNS DE EUROS DA XUNTA DE GALICIA

20150319_131552-1 (2)

  • Cada ano o Goberno galego achega recursos para novas obras, servizos e actuacións que superan de media os 8 millóns de euros en investimentos

 

  • Os principais apoios executáronse no ámbito do emprego e do benestar, na mellora das infraestruturas locais, medio rural e forestal e para servir de apoio ao sector comercial e empresarial

 

  • Emprazan á Deputación de Lugo a render contas tamén do investimento achegado a este concello, que adianten será moi inferior, porque tan so saben “vender fume”

(máis…)

Read Full Post »

O mellor está chegando

O mellor está chegando

 

Os populares da Mariña agradecen ao presidente Feijóo que a Xunta cumpra os compromisos coa ampliación do Hospital da Costa

O hospital desde o parque

  • Probablemente “está é unha das novas máis esperadas dos veciños desta comarca”, que os populares sempre a defenderon, incluso en solitario

 

  • Outros dicían (seguen dicindo) que iamos pechar o hospital pero a realidade é que hoxe –e calquera pode velo- temos un centro con máis servizos (oncoloxía, hospitalización a domicilio), con mellor tecnoloxía (ecógrafos, reforma dos quirófanos) e agora tamén cun proxecto firme para a súa ampliación

  (máis…)

Read Full Post »

O titular da Xunta avanza que a ampliación se licitará neste 2015, cun investimento inicial de 14 millóns de euros

O PRESIDENTE DA XUNTA PRESENTA O PLAN PARA A AMPLIACIÓN DO HOSPITAL DA COSTA

Feijóo salienta que a ampliación fará realidade un Hospital da Costa máis moderno e accesible para os pacientes e para os profesionais: con máis camas, un novo espazo ambulatorio e un hospital de día médico

  • Precisa que, na área de hospitalización, se crearán 24 novas habitacións e remodelaranse outras 30 e na área ambulatoria estableceranse tamén novos gabinetes de exploración e unha nova sala de cirurxía menor
  • Asevera que a Sanidade pública ao servizo do paciente é a máxima do Sergas e refírese á evolución deste hospital como proba disto: mellorando a súa xestión; renovando a tecnoloxía e investindo en novas infraestruturas, coa posta en marcha do hospital de día onco-hematolóxico
  • Destaca o compromiso e o traballo dos profesionais do Sergas que fixeron posible que desde 2009 ata o 2014, no Hospital da Costa: a espera cirúrxica global se reducise de 100 días a menos de 60; e que os tempos de espera para os pacientes de prioridade 1 pasasen de oito a seis días, e para os de prioridade 2 de 60 días a 32
  • Sinala que o obxectivo é que en 2016 o 70% dos galegos conten na súa área sanitaria cun centro sanitario novo ou renovado”

(máis…)

Read Full Post »

Investimentos en Becerreá

Os deputados autonómicos Jose Manuel Balseiro e Ángel Camino Copa, acompañados do candidato popular á Alcaldía de Becerreá, Miguel Cela, fixeron balance dos investimentos realizados pola Xunta nesta localidade da Montaña lucense desde que Feijóo é presidente

O GRUPO POPULAR SALIENTA QUE NOS ÚLTIMOS SEIS ANOS BECERREÁ RECIBIU UN INVESTIMENTO DE 31,2 MILLÓNS DE EUROS DA XUNTA DE GALICIA

 IMG_1793

 

  • Cada ano o Goberno galego investiu como media máis de 5,2 millóns de euros en obras, servizos, diversas actuacións e transferencias en beneficio dos veciños desta localidade

 

  • As cifras oficiais desmenten o permanente victimismo do alcalde quen non ten máis remedio que aceptar que a Xunta é a primeira administración por esforzo inversor en Becerreá

 

  • Emprazan a facer público, como integrante do goberno provincial, os investimentos da Deputación que seguro serán moito menores aos feitos pola Xunta

  (máis…)

Read Full Post »

Axudas

O secretario xeral lucense lembra que ata o 13 de xuño é posible presentar as correspondentes solicitudes nas tres convocatorias en vigor: renovación con granito de fachadas ou de cubertas con lousa ou tella cerámica

Balseiro lembra que permanece aberto o prazo para acollerse ás axudas da Xunta para rehabilitación de vivendas

infografia dunha vivenda

  • Estas actuacións serven tamén para mellorar a eficiencia enerxética, potenciar o uso de materiais de grande importancia industrial en Galicia, así como para embelecer as construcións existentes

  (máis…)

Read Full Post »

« Newer Posts - Older Posts »

%d bloggers like this: