O deputado autonómico Jose Manuel Balseiro acompañado da candidata popular á Alcaldía de Pol, Ángeles Lenza, fixeron balance das achegas autonómicas recibidas nesta localidade
POL RECIBIU DA XUNTA 15,4 MILLÓNS DE EUROS EN INVESTIMENTOS DURANTE OS ÚLTIMOS SEIS ANOS DE GOBERNO DE ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO
- Cada ano o Goberno galego destina 2,56 millóns de euros para financiar obras, servizos e actuacións en beneficio dos veciños desta localidade
- A Xunta investiu case nove veces máis ca Deputación de Lugo neste municipio. Isto significa que o Goberno galego en tan só nove meses achegou tanto como a Deputación en seis anos
Pol, 6 de abril de 2015.- Os veciños do municipio de Pol beneficiáronse nos últimos seis anos de goberno de Alberto Núñez Feijóo de máis de 15,4 millóns de euros en obras, servizos, transferencias e outros investimentos executados pola Xunta de Galicia.
Así o explicaron este mañá o secretario xeral do Partido Popular de Lugo, Jose Manuel Balseiro, acompañado da candidata popular á Alcaldía de Pol, Ángeles Lenza
A XUNTA INVISTE EN POL UNHA MEDIA DE 2,56M€ CADA ANO
Os populares quixeron facer balance das achegas do Goberno galego desenvolvidas desde o ano 2009, e explicaron que se poden dividir en dúas grandes áreas: investimentos directos, que superan os 1,6 millóns de euros, e partidas xenéricas con destino no municipio de Pol, que supuxeron 13,8 millóns de euros en inversión.
Balseiro e Lenza salientaron que, desde que Feijóo é presidente, cada ano Pol recibe unha media de 2,56 millóns de euros da Xunta de Galicia. Unha cifra que sitúa ao municipio nun posto destacado polo amplo respaldo e esforzo inversor da administración autonómica
COMPARATIVA COA DEPUTACIÓN
Estas cifras oficiais contrastan aínda máis se as comparamos coas da Deputación. De feito, Balseiro e Lenza revelan que a Xunta investiu case nove veces máis ca Deputación de Lugo en Pol.
Mentres a administración autonómica é a que máis aposta por este concello coa achega en seis anos dos 15,4 millóns de euros descritos, o goberno bipartito provincial tan só achegou 1,8 millóns de euros nestes mesmo período.
A Xunta ten un forte compromiso con este municipio ata o punto de que en só nove meses, o Goberno Feijóo achegou máis que o goberno bipartito da Deputación en seis anos
Para os populares isto demostra o grado de compromiso de cada administración: “quen aposta por Pol (a Xunta) e quen tan só vende fogos de artificio (a Deputación de Lugo)”
PRINCIPAIS INVESTIMENTOS
Xa máis polo miúdo os populares salientaron que as principais achegas autonómicas nestes últimos seis anos tiveron lugar en materia de benestar e emprego, con apoios que superaron os 1,15M€, entre eles:
15 persoas beneficiáronse de Accións Formativas | 53.000 € |
17 persoas foron contratadas a través dos plans de cooperación | 179.300 € |
20 alumnos recibiron formación no Obradoiro de Emprego “O Castro” (ano 2014-2015) | 177.668 € |
Plan Concertado de Servizos Sociais | 156.093 € |
Servizo de Axuda no Fogar para dependentes | 545.205 € |
Contratación de 3 orientadores laborais | 43.814 € |
Outra das actuacións máis relevantes tiveron que ver co ámbito da mellora das infraestruturas locais. Máis en concreto en dous aspectos: subvencións directas da Xunta para mellora dos equipamentos municipais e as obras sugragadas con cargo ao fondo de compensación ambiental. O total dos investimentos neste ámbito superaron os 151.100 euros:
Recuperación do entorno do parque da capela de Río Xoán | 20.000 € |
Acondicionamento e mellora da eficiencia enerxética na casa do concello | 24.753 € |
Creación da praza pública e parque infantil no Campo de Rioxoán | 25.857 € |
Acondicionamento e mellora do campo de Rioxoán | 29.131 € |
Adquisición dunha máquina motoniveladora | 20.000 € |
Acondicionamento e mellora para uso recreativo do espazo verde no núcleo de San Martiño | 4.800 € |
Abastecemento de auga de Mosteiro a Porto de Eiras (Mosteiro e Silva) | 7.200 € |
Mellora de área recreativa | 6.453 € |
Abastecemento de auga A Brea e Iglesia de Silva e Pol | 12.906 € |
Tamén salientan, polo seu importe as achegas para o selado de vertedoiros (mellora ambiental: 168.421,29 euros) e para o PXOM (66.921,40 euros)
Outras actuacións de menor contía son a subvención para a Agrupación voluntarios de Protección Civil (8.108 €), a cesión dun vehículo para este servizo valorado en 22.988 €
Tamén as achegas de 10.977€ para o financiamento para gastos funcionamento do xulgado de paz, 3.298,77€ para promoción da igualdade, conciliación ou prevención da violencia, 1.956,15 € para a Asociación de Mulleres Rurais Olvido e 4.980 € para a ANPA Rosalía de Castro-Mosteiro. A Secretaría Xeral de Medios achegou 48.120 euros para a adaptación do centro de tv municipal afectado polos cambios na Televisión Dixital Terrestre e renovación de equipamentos de difusión por tecnoloxías máis eficientes
PARTIDAS XENÉRICAS
Xa dentro das partidas xenéricas, pero con recursos executados no concello de Pol nestes últimos seis anos, destacan estes investimentos, segundo as distintas consellerías:
- Economía e Industria: 359550,61€
Promoción, modernización e desenvolvemento do sector comercial | 87.309,37 € |
Investimento no eido enerxético | 190.765,20 € |
Dinamización da actividade económica e empresarial | 49.063,16 € |
Desenvolvemento da innovación e investimentos tecnolóxicos | 32.412,88 € |
- Medio Rural: 11,6M€
Proxectos dinamizadores | 80.157,63 € |
Plan Marco Programa Mellora Acceso a Camiños de Titularidade Municipal | 92.213,23 € |
Proxectos Leader | 155.315,68 € |
Área infraestruturas | 505.177,60 € |
Fondo de Garantía Agraria | 7.011.507,11 € |
Producción agropecuaria | 2.920.707,56 € |
Prevención contra os incendios forestais | 122.144,35 € |
Convenios e subvencións de prevención de incendios | 255.136,93 € |
Ordenación e fomento forestal | 464.472,28 € |
- Educación e Cultura: 81.147€
Melloras nos CEIP e IES | 81.147,20 € |
Investimentos nas obras en estradas | 893.409,21 € |
Conservación integral | 606.241,96 € |
Axudas para rehabilitación de vivendas | 119.333,94 € |
Finalmente o plan de banda larga, para a extensión da rede internet supuxo unha achega de 140.688,94€