Comisión de Pesca 7 de abril (b)

O voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, lembra que este produto, abundante na nosa costa e no Gran Sol, acada prezos de ata 150 euros por quilo, pois é moi apreciado no mercado asiático, Cataluña e Levante

O PARLAMENTO GALEGO APROBA A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR PARA QUE XENERALICE O APROVEITAMENTO MARISQUEIRO E COMERCIAL DO CARALLO DE MAR EN TODA GALICIA

 carallo-de-mar

  • Ata o de agora tan só está autorizada a súa explotación na confraría de Cangas polo que o acordo propón coñecer ben o recurso como paso previo para introducir o seu aproveitamento en todo o mercado nacional

 

Santiago, 7 de abril de 2015.- O Parlamento de Galicia aprobou, sen ningún voto en contra, a iniciativa do Grupo Popular para que se xeneralice o aproveitamento marisqueiro e comercial do holothuria forskali, un equinodermo que está presente nas augas do noso litoral, coñecido popularmente como carallo de mar ou pepino de mar (en castelán) e que ata o de agora non era obxecto de atención pesqueira.

O acordo da Cámara galega insta á Xunta a estudar a situación deste recurso e, en función dos resultados do mesmo, autorizar a posibilidade de expandir a súa explotación a outras áreas de Galicia logo de que o pasado mes de decembro o Goberno galego autorizase, para este ano 2015, o aproveitamento en exclusiva polas embarcacións da confraría de pescadores de Cangas (Pontevedra)

RECURSO MOI ABUNDANTE EN GALICIA

Estes equinodermos do xénero holoturia son moi abundantes en todo o Cantábrico. Pódense atopar en calquera pedreiro chan que forme pozas á baixamar, preferiblemente en mareas grandes, xa que prefiren o límite inferior do intermareal (en todo caso profundidades inferiores a 100 metros)

Da abundancia deste recurso tamén dan fe en certas zonas do caladoiro de Gran Sol. Os barcos que faenan na zona chegan a capturar ata catro toneladas por marea.

 ALTA RENDIBILIDADE

 Trátase dun produto moi apreciado en Asia, onde acada prezos de ata 150 euros por quilo sobre todo en Chinesa e Corea, onde se considera unha delicatessen, tamén en Cataluña e o Levante. Pero en Galicia a práctica totalidade de ditas capturas devólvese ao mar, ata o de agora, sen aproveitarse

Non só para a gastronomía (emprégase sobre todo cocido ou desecado para disimular o seu aspecto vermiforme) tamén extractos de holoturia empréganse na elaboración de produtos farmacéuticos. O seu alto contido en calcio, magnesio, zinc e manganeso é tal que contribúe á protección das células do estrés oxidativo, e ás función normais do sistema inmune e das enzimas digestivas, entre outras cuestións

O voceiro popular insiste en que a súa formación política, comprometida cun mellor futuro dos profesionais da pesca e do marisqueo, considera conveniente a análise e procura de mecanismos que permitan a posta en valor deste recurso por parte dos sectores pesqueiro e transformador galego e, máis en particular, a posibilidade de expandir a súa explotación a outras áreas de Galicia.