Vestas

Jose Manuel Balseiro explica que integrantes do Comité de empresa desta compañía presenciarán mañá o debate desde a tribuna de público, convidados polo Grupo Popular

O GRUPO POPULAR DEFENDERÁ NO PARLAMENTO O ACORDO CONSENSUADO COS TRABALLADORES DE VESTAS

 Enerxía_eólica_Galicia

  • O acordo insta á Xunta de Galicia a impulsar as iniciativas ao seu alcance para intentar garantir os postos de traballo e a actividade industrial desta factoría

 

Santiago, 13 de abril de 2015.- Na tarde de mañá, martes día 14 de abril, no Pleno do Parlamento de Galicia terá lugar o debate dunha iniciativa en apoio aos traballadores de Vestas afectados polo anuncio da posta en marcha de varios expedientes de regulación de emprego.

O deputado do Grupo Popular e Secretario do Parlamento, Jose Manuel Balseiro, anunciou que a súa formación política vai a defender, durante este debate, unha emenda pola que se propón o mesmo texto de acordo que os populares xa consensuaron na xuntanza que, en pasadas datas e xunto ao presidente local do P de Viveiro, Antonio Bouza, mantiveron co Comité de Empresa desta compañía.

En concreto o acordo di literalmente: “O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a impulsar as iniciativas ao seu alcance para, tralo anuncio dos expedientes de regulación de emprego que afectan ás traballadoras e traballadores da empresa Vestas emprazada en Viveiro (Lugo), intentar garantir os postos de traballo e a actividade industrial desta factoría”

CONVIDADOS A PRESENCIAR

 Ademais Balseiro explicou que integrantes do Comité de empresa desta factoría sita en Viveiro, presenciarán o debate desta de tribuna de público, convidados polo Grupo Popular.

 Finalmente o deputado popular anticipou que, na súa intervención, defenderá o “apoio incondicional” aos traballadores da factoría de Vestas en Viveiro, “pois somos conscientes de que non pasan por unha situación doada”, insistirá “na esperanza en que haxa espazo para o diálogo e o entendemento”, para garantir o futuro da empresa e evitar despedimentos e reiterarán a oferta da Xunta para mediar no conflito laboral se así o consideran preciso ambas partes.