O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, afirma que a normativa comunitaria xa permite estas operacións, que acadarían agora o respaldo técnico e legal no noso país
O PARLAMENTO GALEGO ACORDA A INSTANCIAS DO GRUPO POPULAR PEDIR AO GOBERNO CENTRAL A CREACIÓN DUN REXISTRO DE DEREITOS DE PESCA QUE DEA TRANSPARENCIA AS TRANSACCIÓNS
- Empresas e profesionais poderán coñecer, porque quedarán reflectidas no rexistro, as operacións de venda, intercambio e alugueiro que realicen os titulares das distintas embarcacións
- Os dereitos de pesca transferibles son unha oportunidade para que a flota galega gañe en competitividade, xa que o sector poderá organizar a súa actividade en función das necesidades e estratexias comerciais que queiran levar adiante