Comprometidos con Riotorto

O secretario xeral do PP de Lugo e deputado autonómico, José Manuel Balseiro, xunto ao tamén deputado autonómico, Vidal Martínez-Sierra e ao candidato á alcaldía, Clemente Iglesias, fixeron balance das achegas do goberno galego, o que fai un maior esforzo inversor neste municipio

O PP salienta que a Xunta investiu preto de 14 millóns de euros en Riotorto dende que Feijoo é presidente

Riotorto

  • O executivo autonómico ten investido en Riotorto case sete veces máis que a Deputación de Lugo no mesmo período

 

Riotorto, 14 de abril de 2015.- Nos últimos seis anos, dende que Alberto Núñez Feijóo preside o Goberno galego, a Xunta de Galicia investiu preto de 14 millóns de euros no municipio de Riotorto, o que son “2.500 millóns das antigas pesetas”. Así o deron a coñecer o secretario xeral do PP de Lugo e deputado autonómico, José Manuel Balseiro, xunto ao tamén deputado autonómico, Vidal Martínez-Sierra e ao candidato popular á alcaldía neste municipio, Clemente Iglesias.

Os populares explicaron que a Xunta de Galicia é a administración que ten realizado un maior esforzo inversor neste municipio. “Queremos confirmar con cifras oficiais que a Xunta estivo presente neste concello, dun xeito notable e significativo”.

“Non hai ningunha outra administración que teña realizado maior esforzo inversor que a Xunta de Galicia”. De feito, o executivo autonómico ten investido en Riotorto case sete veces máis que a Deputación de Lugo no mesmo período, xa que mentres a Xunta achega recursos por valor de preto de 14 millóns de euros, o bipartito na Deputación de Lugo faino por tan só 2,1 millóns de euros. “O goberno en un ano, inviste en Riotorto, máis ca Deputación en seis”.

Esforzo inversor da Xunta de Galicia

Para afondar neste esforzo inversor da Xunta de Galicia, os populares salientaron que as achegas poden dividirse en dous amplos grupos: en primeiro lugar, as obras e servizos directos con destino concreto nesta localidade que superan o 1,5 millóns de euros, ás que, en segundo lugar, haberá que engadir outros 12,2 millóns de euros máis, en recursos correspondentes a partidas xenéricas territorizalizadas e das que tamén foi beneficiario este concello.

Emprego e benestar

Polo tanto, estase a falar dunha media anual de case 2 millóns de euros en investimentos entre os que, os populares destacaron os 728.533 euros para a contratación de persoas e a colaboración cos servizos sociais. En concreto, foron contratadas máis de 14 persoas a través dos plans de cooperación e 20 alumnos recibiron formación a través do obradoiro de emprego O Castro. Ao que, os populares suman en materia de benestar as axudas do Plan Concertado de Servizos Sociais ou o mantemento do Servizo de Axuda no Fogar para dependentes; así como obras para a mellora da accesibilidade e adaptacións interiores no centro de saúde.

Infraestruturas

Na área de infraestruturas, os populares destacaron actuacións como asfaltado de camiños en Praducelo, aglomerados de pista ao Hortobello e aglomerado de estradas por detrás do Centro Sociocultural o Tombo; acondicionamento do espazo público na Rúa Circunvalación; mellora de recollida selectiva de lixo; tratamento terciario na EDAR de Riotorto; mellora de eficiencia enerxética no alumeado público da zona da Grova; mellora da eficiencia enerxética do alumeado público nas zonas de Vilaseca, Augasoxa, Val, Espasande de Arriba, Busgardín e Vilar de Santiago ou a axuda destinada personal e equipamento para a limpeza e desbroce da senda fluvial

 

Listado de investimentos

 

Traballo e Benestar (728.533,09€)

14 persoas foron contratadas a través dos plans de cooperación 158.500 €
20 alumnos recibiron formación no Obradoiro de Emprego “O Castro” (ano 2014-2015) 177.668 €
Plan Concertado de servizos sociais 128.164 €
SAF dependencia 227.328 €
Obras para a mellora da accesibilidade e adaptacións interiores no centro de saúde 36.873,09 €

 

 

Infraestruturas (158.406€)

Asfaltado de camiños en Praducelo, aglomerados de pista ao Hortobello e aglomerado de estradas por detrás do Centro Sociocultural o Tombo 82.000€
Acondicionamento espazo público na Rúa Circunvalación 13.253 €
Mellora de recollida selectiva de lixo en concellos da Mancomunidade 7.953 €
Tratamento terciario na EDAR de Riotorto 12.835 €
Mellora de eficiencia enerxética no alumeado público na zona da Grova 8.950 €
Mellora da eficiencia enerxética do alumeado público nas zonas de Vilaseca, Augasoxa, Val, Espasande de Arriba, Busgardín e Vilar de Santiago 11.148 €
Personal e equipamento para a limpeza e desbroce da senda fluvial 22.267€

 

Emerxencias (646.174€)

Mantemento, operatividade parque contra incendios 646.174 €

 

 

Medios (116.025€)
Transición á TDT 107.774 €
Renovación de equipamentos de difusión por tecnoloxías máis eficientes 951 €
Axudas TDT satélite en concellos incluídos no PDR 7.300 €

 

Outras accións a destacar (19.805,81€)
Axudas a clubs 3.662,81 €
Soporte e mantemento de ferramentas, plataformas e infraestruturas da Rede CeMIT 5.789€
Xestión de proxectos de inclusión dixital 2.303 €
Subvención para o apoio das actuacións de inclusión dixital recollida no Convenio Xunta de Galicia-Fegamp 7.251 €
Asociacionismo 800€

 

Actuacións Xenéricas

Promoción, modernización e desenvolvemento do sector comercial 70.078,58 €
Investimento no eido enerxético 153.117,06 €
Dinamización da actividade económica e empresarial 863.972,90 €
Desenvolvemento da innovación e investimentos tecnolóxicos 26.016,09 €
Proxectos dinamizadores 64.338,26 €
Plan Marco Programa Mellora Acceso a Camiños de Titularidade Municipal 74.014,65 €
Proxectos Leader 124.663,62 €
Área infraestruturas 405.479,14 €
Fondo de Garantía Agraria 5.627.763,19 €
Produción agropecuaria 2.344.296,35 €
Prevención contra os incendios forestais 98.038,76 €
Convenios e subvencións de prevención de incendios 204.784,82 €
Ordenación e fomento forestal 372.807,15 €
Investimento nas obras en estradas 717.091,97 €
Conservación integral 486.598,12 €
Inversión en Medio Ambiente 357.880,77 €
Axudas para rehabilitación de vivendas 95.783 €
Melloras nos centros educativos 62.096,64 €
Plan Banda Larga de Galicia 112.923,52 €