• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Comprometidos con Riotorto
Pleno do Parlamento 15/4 »

Pleno do Parlamento 14/04

14, Abril 2015 por Admin B

O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, afirma que a normativa comunitaria xa permite estas operacións, que acadarían agora o respaldo técnico e legal no noso país

O PARLAMENTO GALEGO ACORDA A INSTANCIAS DO GRUPO POPULAR PEDIR AO GOBERNO CENTRAL A CREACIÓN DUN REXISTRO DE DEREITOS DE PESCA QUE DEA TRANSPARENCIA AS TRANSACCIÓNS

 Balseiro pleno CV

  • Empresas e profesionais poderán coñecer, porque quedarán reflectidas no rexistro, as operacións de venda, intercambio e alugueiro que realicen os titulares das distintas embarcacións

 

  • Os dereitos de pesca transferibles son unha oportunidade para que a flota galega gañe en competitividade, xa que o sector poderá organizar a súa actividade en función das necesidades e estratexias comerciais que queiran levar adiante

 

Santiago, 14 de abril de 2015.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha iniciativa do Grupo Popular pola que se insta ao Goberno central á creación dun rexistro estatal de dereitos de pesca, que outorgue seguridade xurídica e transparencia ás transaccións que se realicen, ao abeiro da nova normativa europea que permite estes intercambios.

O portavoz de Mar do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, sinalou as vantaxes deste novo rexistro porque empresas e profesionais poderán coñecer as operacións de venda, intercambio ou alugueiro que se poidan realizar entre os titulares das distintas embarcacións.

UNHA DEMANDA DOS PROFESIONAIS DO MAR

Segundo lembrou Balseiro, os dereitos de pesca transferibles son unha oportunidade para que a flota galega poida gañar en competitividade e reducir custes, cunha mellor organización da súa actividade, xa que se poderá dispoñer dos dereitos de pesca en función das necesidades e estratexias comerciais que queiran levar adiante flotas e profesionais.

Balseiro explicou tamén que a creación dun sistema de concesións ou dereitos de pesca transferibles entre os Estados Membros da Unión Europea que permita o intercambio de cotas sobre un recurso pesqueiro concreto, en función dos intereses das distintas flotas, é unha demanda recorrente dos profesionais do mar e unha das reivindicacións lideradas por Galicia de cara a reforma da Política Pesqueira Común.

De feito, formaba parte das propostas incluídas no Ditame unitario que, aprobado dun xeito unánime polo Consello Galego de Pesca (máximo órgano de representación e asesoramento do sector marítimo pesqueiro), constituía a folla de ruta sobre a que desde Galicia proxectábamos un rumbo diferente para a nova normativa comunitaria.

SALVAGARDAS PARA FLOTA ARTESANAL

Fronte ás críticas da oposición a este novo modelo, Balseiro lembrou que os recursos mariños son un ben público e deben seguir séndoo. “Por este motivo, este modelo introduce salvagardas para evitar a especulación ou a acumulación dos dereitos en poucas mans ou grandes industrias”, engadiu.

 De feito, os dereitos de pesca transferibles non se aplican á flota artesanal (barcos menores a 12 metros de eslora) e as operacións unicamente poden producirse conforme a condicións estritas (soamente poden adquirilas os propietarios de buques matriculados e en activo). A creación do propio rexistro ofrecerá maior transparencia e accesibilidade a estas operacións.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Abril 2015
    L M M X V S D
     12345
    6789101112
    13141516171819
    20212223242526
    27282930  
    « Mar   Mai »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: