Comprometidos con Sarria

Os deputados autonómicos, José Manuel Balseiro e Jaime Íñiguez, acompañados do candidato popular, Jose Antonio García, fixeron balance das achegas autonómicas do goberno autonómico, o que maior esforzo inversor realiza neste municipio

O PP salienta que o investimento da Xunta superou os 129 millóns de euros en Sarria desde que Feijoo é presidente

Sarria

  • SEN COMPARACIÓN: O investimento do Goberno galego multiplica por 103 os recursos achegados pola Deputación de Lugo neste mesmo período, de feito, en tan so un mes a Xunta inviste tanto como a Deputación en seis anos

Sarria, 16 de abril de 2015.- Nos últimos seis anos, desde que Alberto Núñez Feijóo preside o Goberno galego, a Xunta de Galicia ten investido máis de 129 millóns de euros no municipio de Sarria, o que son “24.000 millóns das antigas pesetas”. Así o deron a coñecer hoxe o secretario xeral do PP de Lugo e deputado autonómico, José Manuel Balseiro, xunto ao tamén parlamentario Jaime Íñiguez e o candidato popular neste municipio, Jose Antonio García.

Os populares explicaron que a Xunta de Galicia é a administración que maior esforzo inversor ten realizado no municipio. De feito cada ano, o Goberno galego destina a Sarria 21 millóns de euros, para impulsar distintas obras, manter e ampliar servizos e promover distintas actuacións en beneficio dos seus veciños..

Son cifras que, ademais, non resisten comparación. Así, os populares revelaron que o investimento do Goberno galego multiplica por 103 os recursos achegados pola Deputación de Lugo neste mesmo período. Mentres a Xunta mobilizou recursos por valor de 129 millóns de euros a administración provincial en mans de PSOE e BNG tan só foi capaces de investir 1,2 millóns de euros. “En tan so nun mes a Xunta inviste en Sarria tanto como a Deputación en seis anos”.

Afondando nos datos oficiais, os populares explican que as achegas poden dividirse en dous amplos grupos: en primeiro lugar, as obras e servizos directos con destino concreto nesta localidade que superan os 19,7 millóns de euros, ás que, en segundo lugar, haberá que engadir outros 109,29 millóns de euros máis, en recursos correspondentes a partidas xenéricas territorizalizadas pero das que se beneficiaron, de xeito directo, neste concello.

Emprego e benestar

Un dos ámbitos nos que se centrou o esforzo inversor da Xunta foi o emprego e os servizos de benestar, para os que a Xunta destinou 4,1 millóns de euros. En concreto, foron contratadas máis de 69 persoas persoas a través dos dos plans de cooperación, e 20 alumnos participaron no obradoiro de emprego “Sárria Axúdate”. Tamén a Xunta impulsou 600 accións formativas para 40 desempregados.

A todo isto, os populares suman en materia de benestar as axudas do Plan Concertado de Servizos Sociais (427.811 euros) ou o mantemento do Servizo de Axuda no Fogar para dependentes (853.804 euros); así como 193.000 euros para a contratación de 7 orientadores laborais e 78.000 euros máis para o equipamento do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de 120 prazas

INFRAESTRUTURAS

Na área de infraestruturas, os populares destacaron actuacións como o investimento no corredor Sarria-Monforte, probablemente unha das obras máis importantes para a vertebración de Sarria e a súa comarca, ou as actuacións impulsadas ao abeiro do fondo de compensación ambiental (investimentos do canon eólico) ou da liña de colaboración para equipamentos e infraestruturas locais.

Por outra banda os investimentos en materia de urbanismo superaron os 348.000 euros, a Xunta investiu 3,17 millóns de euros no novo abastecemento de agua a Sarria, e 6,7 para a parte correspondente do convenio dirixido á adecuación do cauce dos ríos Sarria e Celeiro

LISTADO DE PRINCIPAIS INVESTIMENTOS

INFRAESTRUTURAS LOCAIS
Liñas de colaboración para equipamentos e infraestruturas locais Dotación de equipamentos para o “Parque da Ínsua” 35.000 €
Obras para a execución de infraestruturas de uso público na praza da Vila de Sarria 40.000 €
Rehabilitación e mellora do parque infantil do Chanto 37.500 €
Fondo de Compensación Ambiental Gastos de funcionamento e adquisición de tractor e equipamento para o departamento de medio ambiente 32.000 €
Gastos de funcionamento e adquisición dun dumper 28.000 €
Adquisición de maquinaria para o servizo de medio ambiente municipal 24.291 €
Adquisición de equipamento para área de medio ambiente 17.190 €
Adquisición de vehículo para o departamento de medio ambiente e contratación dun operario para este departamento 24.285 €
Gastos de funcionamento e adquisición de maquinaria para o departamento de medio ambiente 21.859 €
Recuperación e mellora do espazo ambiental degradado no entorno da Pía Climatizada 43.666 €
303.791 €
SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE
Mantemento do CIM 181.289,85 €
Promoción da igualdade, conciliación ou prevención da violencia 27.033 €
ANPA CEIP de Oural 2.643,34 €
210.966,19 €
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Inversión total en materia de urbanismo 348.091,18 €
Novo abastecemento de agua a Sarria 3.172.264,20 €
Adecuación do cauce dos ríos Sarria e Celeiro (convenio co Estado) 6.700.000 €
Reparacións de vivendas de promoción pública en Sarria 3.400 €
10.223.755,38 €
CONSELLERÍA DE SANIDADE
Construcción do novo centro de saúde de Sarria 3.300.000 €
3.300.000 €
DEPORTE
Axudas a clubs 50.408,17 €
50.408,17 €
EMERXENCIAS
Mantemento e operatividade. Construcción 866.619 €
Convenio Grumir / Sub. Agrupación voluntarios 55.926 €
Convenio plan atención ao peregrino 25.131 €
Contratación de auxiliares de policía local durante a tempada de verán 5.451 €
Mantemeneto e operatividade. Construcción 866.619 €
1.819.746 €
Consellería de Economía e Industria Promoción, modernización e desenvolvemento do sector comercial 1.365.761,65 €
Investimento no eido enerxético 2.234.929,65 €
Dinamización da actividade económica e empresarial 6.967.971,20 €
Desenvolvemento da innovación e investimentos tecnolóxicos 1.134.042,80 €
11.702.705,30 €
Consellería de Cultura e Educación Obras de mellora dos CEIP e IES 853.962,90 €
Conservación do patrimonio cultural da comarca 694.556,49 €
1.548.519,39 €
Consellería de Medio Rural e Mar. Área de Medio Rural Secretaría Xeral 10.933 €
Proxectos dinamizadores 472.700,34 €
Plan Marco Programa Mellora Acceso a Camiños de Titularidade Municipal 316.567,46 €
Proxectos Leader 690.895,83 €
Área infraestruturas 1.883.718,62 €
Fondo de Garantía Agraria 56.963.609,51 €
Producción agropecuaria 26.806.270,62 €
Prevención contra os incendios forestais 371.214,26 €
Convenios e subvencións de prevención de incendios 1.036.722,92 €
Ordenación e fomento forestal 1.270.306,82 €
89.822.939,38 €
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas Conservación integral 3.245.059,02 €
PXOM de Láncara, O Páramo, Samos, Triacastela, e Sarria, e PEPCHA de Sarria 433.141,70 €
Axudas para rehabilitación de vivendas 560.199,66 €
Axudas para adquisición de 70 vivendas protexidas 166.807,42 €
4.405.207,80 €
Outras accións a destacar Plan Banda Larga de Galicia 1.665.702,19 €
Equipamento TIC para o desenvolvemento do proxecto Abalar en centros educativos de Sarria e Láncara 153.414,99 €