Axenda popular

Pregunta parlamentaria

BALSEIRO INTERPELA AO PRESIDENTE DE PORTOS SOBRE AS ACTUACIÓNS PREVISTAS PARA A DRAGAXE DAS INSTALACIÓNS PORTUARIAS DA MARIÑA LUCENSE

 AXENDA

  • A acumulación de sedimentos en cursos de auga e nas canles de acceso dificultan a capacidade de navegabilidade, operatividade e transporte marítimo en algúns puntos da Mariña como os portos de Foz, Viveiro, Ribadeo e Burela

 

O voceiro popular do Mar, Jose Manuel Balseiro, interésase no Parlamento sobre actuacións ten previsto desenvolver a administración autonómica para o dragado das instalacións portuarias da Mariña lucense

Co paso do tempo e a dinámica propia das correntes marítimas produicíuse acumulación de sedimentos en cursos de auga e nas canles de acceso das distintas instalacións portuarias que dificultan a capacidade de navegabilidade, operatividade e transporte marítimo.

Para dar solución a esta problemática Portos de Galicia vén de impulsar distintas actuacións técnicas, entre as que se atopan futuros dragados, que permiten ganar calado e recuperar a normalidade nos espazos portuarios.

Proposición non de lei (iniciativa de impulso á acción de goberno)

O GRUPO POPULAR REFORZA A SÚA APOSTA POLA DIVERSIFICACIÓN E O EMPRENDEMENTO NO ÁMBITO PESQUEIRO

  • Os populares identifican tres ámbitos a fomentar: a mellora da comercialización dos produtos da pesca e acuicultura (ante as novas esixencias de etiquetaxe e calidade), o impulso de actividades complementarias como os servizos ambientais, actividades educativas ou turísticas e, finalmente, promover a creación de empresas por mozos mariñeiros.

 

O Grupo Parlamentario Popular defenderá e debaterá na Comisión de Pesca e Marisqueo da Cámara galega, prevista para este mércores 22 de abril, unha unha iniciativa –proposición non de lei- na que insta á Xunta a redobrar a súa aposta pola diversificación e o emprendemento no ámbito pesqueiro.

Ao entender dos populares, tal e como explica o su voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, o mellor xeito de buscar alternativas, mellorar a competitividade laboral e fomentar o crecemento económico das persoas que se dedican á pesca e as súas comunidades é precisamente promover iniciativas en tres ámbitos moi concretos:

  • Apoiar ás organizacións de produtores pesqueiros para mellorar a comercialización dos produtos da pesca e da acuicultura, particularmente para afrontar as novas esixencias en materia de etiquetado, calidade e trazabilidade.
  • Fomentar a iniciativa empresarial no sector pesqueiro de xeito que contribúa á diversificación dos ingresos dos pescadores mediante o desenvolvemento de actividades complementarias, como os servizos ambientais, actividades educativas ou turísticas.
  • Promover a creación de empresas por mozos mariñeiros.

NOVOS FONDOS EUROPEOS

 Balseiro explicou que o xeito de que agora presenten esta iniciativa ten moito que ver co período no que nos atopamos: en pleno desenvolvemento dun novo fondo comunitario de impulso para o sector da pesca, isto é, do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, do que Galicia será a principal comunidade autónoma receptora.