Comprometidos con Navia de Suarna

O secretario xeral do PP de Lugo e deputado autonómico, José Manuel Balseiro, xunto ao candidato á alcaldía, Jesús María Fernández López, fixeron balance das achegas do goberno galego, o que fai un maior esforzo inversor neste municipio

O PP salienta que a Xunta investiu máis de 12 millóns de euros en Navia de Suarna dende que Feijoo é presidente

Sin título

  • As achegas do Goberno galego en beneficio dos veciños deste concello multiplican case por sete os investimentos da Deputación de Lugo neste mesmo período

Navia de Suarna, 21 de abril de 2015.- Nos últimos seis anos, dende que Alberto Núñez Feijóo preside o Goberno galego, a Xunta de Galicia investiu máis de 12 millóns de euros no municipio de Navia de Suarna, o isto é máis de “2.000 millóns das antigas pesetas”. Así o deron a coñecer hoxe o secretario xeral do PP de Lugo e deputado autonómico, José Manuel Balseiro, xunto ao candidato popular á alcaldía neste municipio da Montaña, Jesús María Fernández López

“Queremos confirmar con datos reais, con cifras oficiais, que a Xunta estivo presente neste concello, ademais dun xeito notable e significativo”-expuxeron os populares- “Queremos, facer balance, que os veciños coñecen o compromiso de cada administración”

 COMPARATIVA COA DEPUTACIÓN DE LUGO

 “Non hai ningunha outra administración que teña realizado maior esforzo inversor en Navia de Suarna que a Xunta de Galicia”. De feito, o executivo autonómico ten investido neste municipio case sete veces máis que a Deputación de Lugo neste mesmo período, xa que mentres a Xunta achega recursos por valor de 12 millóns de euros, o bipartito na Deputación de Lugo faino por tan só 2,05 millóns de euros. “O goberno autonómico en un ano, inviste en Navia, máis ca Deputación en seis”-conclúen desde o PP

Para afondar neste esforzo inversor da Xunta de Galicia, os populares salientaron que as achegas poden dividirse en dous amplos grupos: en primeiro lugar, as obras e servizos directos con destino concreto nesta localidade que superan o 1,6 millóns de euros, ás que, en segundo lugar, haberá que engadir outros 10,9 millóns de euros máis, en recursos correspondentes a partidas xenéricas territorizalizadas e das que tamén foi beneficiario este concello.

 INVESTIMENTOS MÁIS RELEVANTES

 Entres as achegas máis relevantes da Xunta atopamos os investimentos en materia de emprego e benestar que, nos últimos seis anos, superaron os 965.000 euros. O Goberno galego investiu 227.300 euros para a contratación de 20 persoas a través dos plans de cooperación, 149.627 euros máis para o financiamento do plan concertado de servizos sociais municipais e outros 588.850 para o sostemento do servizo de axuda no fogar dirixido ás persoas dependentes.

 OUTRAS ACHEGAS DA XUNTA

 Navia de Suarna beneficiouse tamén de 64.000 euros procedentes do Fondo de compensación ambiental, que serviron para a adquisición dun novo vehículo motobomba e dun equipo para limpeza e adecentamento de zonas naturais. Finalmente destacan as achegas dirixidas á adecuación dos equipos de recepción e repetición da sinal da televisión dixital terrestre e ampliación da súa cobertura que supuxeron investimentos por valor de 178.828 euros.

 PARTIDAS XENÉRICAS

 Dentro das partidas xenéricas pero con investimento concreto no municipio de Navia de Suarna atopamos 5.643.823,90 € para o Fondo de Garantía Agraria, 158.980,54 € para actuacións de prevención contra os incendios forestais (a maiores recibíronse 255.147,14 € para os convenios de prevención de lumes), 110.185, 50 € para ordenación e fomento forestal, 2,5 millóns de euros para investimentos en materia de estradas, 207.481 para distintas actuacións ambientais e 159.264 para o Plan de Banda Larga (extensión e acceso á rede internet)

RELACIÓN DE INVESTIMENTOS

 

Xustiza de Paz Trnsnf. Financiamento para gastos funcionamento de xulgados de paz 10.977 €
10.977 €
INFRAESTRUTURAS LOCAIS
Fondo de Compensación Ambiental Adquisición de vehículo motobomba 37.500 €
Adquisición dun equipo para limpeza e adecentamento de zonas naturais 26.964 €
64.464 €
SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE
Asoc. MMRR Ledicia 11.585,08 €
11.585,08 €
SECRETARÍA XERAL DE MEDIOS
Transición á TDT 178.828 €
Adaptación dos 2 centros de tv municipais afectados polo DD 5.049 €
Renovación de equipamentos de difusión por tecnoloxías máis eficientes 951 €
Axudas TDT satélite en concellos incluídos no PDR 300 €
185.128 €
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
20 persoas foron contratadas a través dos plans de cooperación 227.300 €
Plan Concertado 149.627 €
SAF dependencia 588.850 €
965.777 €
CONSELLERÍA DE SANIDADE
Substitución do material da cuberta do centro de saúde 35.093,20 €
35.093,20 €
TOTAL ACTUACIÓNS CON DESTINO CONCRETO 1.262.047,28 €

 

 

 

Consellería de Economía e Industria Promoción, modernización e desenvolvemento do sector comercial 49.931,66 €
Investimento no eido enerxético 87.538,27 €
Dinamización da actividade económica e empresarial 579.480,83 €
Desenvolvemento da innovación e os investimentos tecnolóxicos 9.187,49 €
726.138,25 €
Consellería de Cultura e Educación Obras de mellora dos CEIP e IES da comarca 30.116,15 €
30.116,15 €
Consellería de Medio Rural e Mar. Área de Medio Rural Secretaría Xeral 728,17 €
Proxectos dinamizadores 56.002,07 €
Plan Marco Programa Mellora Acceso a Camiños de Titularidade Municipal 55.131,34 €
Proxectos Leader 46.441,17 €
Área infraestruturas 256.695,09 €
Fondo de Garantía Agraria 5.643.823,90 €
Producción agropecuaria 898.971,65 €
Prevención contra os incendios forestais 158.980,54 €
Convenios e subvencións de prevención de incendios 255.147,14 €
Ordenación e fomento forestal 110.185,50 €
7.482.106,57 €
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas PXOM 75.415,07 €
Investimentos nas obras en estradas 2.519.221,99 €
Conservación integral 389.334,31 €
Inversión en Medio Ambiente 207.481,59 €
Axudas para rehabilitación de vivendas 95.844,94 €
3.287.297,90 €
Outras accións a destacar Plan Banda Larga de Galicia 159.264,20 €
Equipamento TIC para o desenvolvemento do proxecto Abalar 15.712,92 €
174.977,12 €