Comisión de Pesca 22/4b

O voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, anima a aproveitar ao máximo o novo Fondo Marítimo e Pesqueiro do que Galicia percibirá máis da metade dos recursos destinados ao conxunto de España no período 2014-2020

O PARLAMENTO GALEGO APROBA A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR DIRIXIDA Á MELLORA DA RENDA DOS PROFESIONAIS DO MAR

 Nasas polbo

  • O acordo insta á Xunta a impulsar iniciativas en tres ámbitos: a mellora da comercialización dos produtos da pesca e do marisqueo, o desenvolvemento de actividades complementarias, (como os servizos ambientais, actividades educativas ou turísticas) e, finalmente a promover a creación de empresas por mozos mariñeiros

Santiago, 22 de abril de 2015.- O Parlamento de Galicia aprobou, na sesión celebrada esta mañá da Comisión de Pesca e Marisqueo, a iniciativa impulsada polo Grupo Popular dirixida a incrementar as rendas dos homes e mulleres vinculados ao sector pesqueiro.

O voceiro do Mar dos populares, Jose Manuel Balseiro explicou que, para conseguir este obxectivo o acordo insta á Xunta a impulsar iniciativas en tres ámbitos: a mellora da comercialización dos produtos da pesca e do marisqueo, o desenvolvemento de actividades complementarias, como os servizos ambientais, actividades educativas ou turísticas vinculadas ao mar e finalmente, de cara ao relevo xeracional no sector, promover a creación de empresas por mozos mariñeiros

APROVEITAR AO MÁXIMO O NOVO FEMP

Balseiro quixo aclarar que o xeito de que agora presenten esta iniciativa ten moito que ver co período no que nos atopamos: en pleno desenvolvemento dun novo fondo comunitario de impulso para o sector da pesca, isto é, do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP)

Galicia recibirá do FEMP algo máis de 371 millóns de euros no período 2014-2020. Esta asignación, sumada á contribución pública nacional e a contribución privada, fará que o total de gastos subvencionables polo FEMP case se duplique na nosa Comunidade ata os 681.787.952 euros. Galicia, coa aplicación dos criterios obxectivos de reparto do fondo, recibirá o 50,88% dos recursos destinados ao sector pesqueiro español, gañando peso con respecto ao anterior período de 2007-2013, no que supoñía un 45,32%