Educación pública

A Xunta promove distintas iniciativas de apoio á educación pública

 

Once centros educativos da nosa comarca desenvolverán contratos-programa dirixidos á mellora do éxito escolar

 vistaaulaticIII

  • Seis colexios públicos e catro institutos de ensino secundario reciben autorización da Consellería de Educación para implantar estes plans de mellora a desenvolver no presente curso académico

 

  • En función do proxecto presentado polo equipo directivo impulsarán iniciativas de reforzo, orientación e apoio, de mellora da competencia matemática, de mellora da convivencia nos centros e prevención do abandono temperán e do absentismo escolar, etc

 

Lugo, 28 de abril de 2015.- O Partido Popular da Mariña puxo en valor a autorización por parte da Xunta a once centros educativos públicos da nosa comarca para o desenvolvemento dos denominados como contratos-programa isto é, de distintas iniciativas dirixidas á mellora do éxito escolar.

 En concreto, o Goberno galego autoriza a seis colexios públicos e catro institutos de ensino secundario da Mariña, para implantar estes programas de mellora a desenvolver no presente curso.

 Os populares explican que, en función do proxecto presentado polo equipo directivo de cada centro, estas iniciativas poden consistir en: programas de reforzo, orientación e apoio aos estudantes, de mellora da competencia matemática, de mellora da convivencia nos centros e prevención do abandono temperán e do absentismo escolar, de mellora de coñecementos para acadar a excelencia, etcétera

 Son directamente os distintos centros os que, tras analizar as súas fortalezas e debilidades en base a datos estatísticos, establecen o proxecto a impulsar e o Goberno galego quen os autoriza, tras avaliar o programa de actuacións concretas presentado polo equipo educativo.

 COMPROMISO COA EDUCACIÓN PÚBLICA

 Os populares salientan o compromiso do Goberno galego coa mellora da educación pública comarcal e sinalan a importancia deste sistema de contratos-programa polo que os centros educativos deseñan directamente medidas específicas para impulsar as capacidades de todo o seu alumnado, conforme as súas circunstancias concretas e contando co apoio económico e técnico da Xunta.

 Segundo a relación publicada no Diario Oficial de Galicia os beneficiarios na Mariña lucense serán:

 Colexios públicos:

 

Barreiros CEIP San Miguel de Reinante Barreiros
Burela CEIP Virxe do Carme
Pontenova (A) CEIP Plurilingüe da Pontenova
Ribadeo CEIP Gregorio Sanz
Trabada CEIP Celso Currás
Viveiro CEP Luís Tobío

 

 

Institutos de Ensino Secundario:

 

Burela IES Monte Castelo
Burela IES Perdouro
Foz IES de Foz
Mondoñedo IES Plurilingüe San Rosendo
Ribadeo IES de Ribadeo Dionisio Gamallo