Pleno 5/5

O voceiro de Montes, Jose Manuel Balseiro, lembra que, segundo acreditan os últimos datos feitos públicos a industria madereira galega logra os seus mellores datos desde 2008

O GRUPO POPULAR DEFENDE A INICIATIVA DA XUNTA QUE TEN COMO RETO A REVISIÓN DO PLAN FORESTAL EN CONSENSO COS PROFESIONAIS DO SECTOR

 Balseiro pleno R

  • Os populares defenden o funcionamento das brigadas forestais municipais, solicitadas por alcaldes de todas as cores políticas, e sinalan que contribuíron a mellorar a eficacia do operativo de prevención e extinción de incendios

  

Santiago, 5 de maio de 2015.- O voceiro de Montes do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, defendeu hoxe no Pleno do Parlamento a política desenvolvida pola Xunta de Galicia no ámbito forestal e indicou que este sector asume agora como principal reto a revisión do plan forestal, 20 anos despois da súa aprobación.

Os populares puxeron en valor o feito de que a Consellería do Medio Rural e do Mar, na revisión deste documento estratéxico, promove a participación de todos os axentes do sector, que son os encargados de elaborar, a través dun Grupo de Traballo creado ao efecto no Consello Forestal, as directrices para a súa revisión, sempre na procura do máximo consenso posible entre todos.

O voceiro de Montes do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, sostivo que os grupos da oposición non teñen un modelo forestal alternativo, e por iso tivo que ser o Partido Popular na Xunta quen, no ano 2012, aprobase a primeira Lei de Montes de Galicia.

 Dixo tamén que a visión catastrofista da xestión do monte galego que formulan desde a oposición, non ten nada que ver coa realidade, tal e como acreditan os últimos datos feitos públicos por Confemadera, que indican que a industria madereira galega logra as súas mellores cifras desde 2008.

Os populares lembran que desde que o Partido Popular accedeu á responsabilidade de goberno a Xunta ten impulsado distintas iniciativas de mellora no eido normativo, administrativo e orzamentario, entre elas, destacou a achega de 170 millóns de euros en apoio do sector forestal

 BRIGADAS FORESTAIS

 Por outra banda, os populares defenderon o funcionamento das brigadas forestais municipais, solicitadas por alcaldes de todas as cores políticas, e sinalaron que o traballo destes profesionais contribuíu a mellorar a eficacia do operativo de prevención e extinción de incendios.