Comisión de Pesca 13/05

O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, lembrou que o sector da conserva en Galicia xera entorno a 12.000 empregos directos e representa o 2,8 % do Produto Interior Bruto

 O PARLAMENTO APROBA A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR SOLICITANDO UN INCREMENTO DE ATA 30.000 TONELADAS DO CONTINXENTE DE LOMBOS DE ATÚN SEN ARANCEIS

atun-en-conserva

  • A iniciativa, en apoio das demandas formuladas por ANFACO, contou co voto favorable de PP, PSOE e BNG e o voto en contra de Alternativa Galega de Esquerda
  • O PP insiste en que o aumento do continxente servirá para que esta industria gane en competitividade e consolide a súa actividade e o emprego

 

Santiago, 6 de maio de 2015.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, cos votos do PP, PSOE e BNG a iniciativa do Grupo Popular solicitando un incremento de ata as 30.000 toneladas do continxente de lombos de atún que a Unión Europea pode importar ao cero por cento de arancel

 O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, explicou que a iniciativa tiña por obxecto apoiar as demandas formuladas pola industria conserveira galega, a través de ANFACO-CECOPESCA, representantes dun sector estratéxico desde o punto de vista económico e social xa que, so en Galicia, xera entorno a 12.000 empregos directos e representa o 2,8 % do Produto Interior Bruto

 OS SINDICATOS DA CONSERVA A FAVOR

 Os populares lamentaron que non fora posible aprobar a iniciativa por unanimidade ante a intransixencia de Alternativa Galega de Esquerda, que defendeu a supresión total deste continxente arancelario, empregando argumentos falsos como que suporía a destrución de empregos no sector.

 Neste punto o PP lembrou que organizacións sindicais (como FITAG-UGT, maioritario no sector) defenden o aumento deste continxente e os beneficios que terá no ámbito laboral da conserva de lograse un incremento do continxente arancelario de lombos de atún

 GAÑAR EN COMPETITIVIDADE

 Desde o Grupo Popular insisten en que o aumento deste continxente, que no anterior período se estableceu en 22.000 toneladas, evitará o desabastecemento das fábricas de conserva galegas e servirá como oportunidade para gañar en competitividade e valor engadido e ofrecer as condicións favorables para consolidar esta industria e o emprego a ela asociada.