• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Resultados electorais
Axenda: actividade parlamentaria »

Pleno do Parlamento de Galicia 27/5

27, Maio 2015 por Admin B

Trátase dunha demanda histórica do sector marisqueiro galego

 BALSEIRO DEFENDE E CELEBRA A INCOPORACIÓN DO DELITO DE FURTIVISMO NO MARISQUEO NO NOVO CÓDIGO PENAL

 

????????????????????????????????????

Parlamento de Galicia

  • O artigo do novo Código penal entrará en vigor a partir do mes de xullo

 

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2015.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balserio, formulou no pleno do parlamento galego que tivo lugar esta tarde, unha pregunta dirixida á conselleira do Mar, Rosa Quitana, na que se interesaba pola valoración que a Xunta fai da recente decisión de incorporar ao novo Código Penal o delito de furtivismo no marisqueo.

Balserio defendeu e gabou este notable avance que, lembrou, dá resposta a unha aspiración histórica do sector marisqueiro galego.

“Os Gobernos responsables escoitan aos profesionais do mar e por iso poñemos sobre a mesa solucións para que os furtivos non se amparen na impunidade e na insolvencia para deixar sen futuro a quen paga impostos e coida dos nosos recursos pesqueiros e marisqueiros”-dixo o voceiro popular.

 Balseiro indicou que esta idea non foi froito da improvisación senón unha medida meditada, debatida, analizada e estudada, que contou coa participación de expertos xuristas, gardacostas, sector e xestores públicos e que suma esforzos a toda a labor de control e loita contra o furtivismo nas nosas costas e areais.

 CONDICIÓNS PUNITIVAS

 O novo artigo 335 do Código Penal establece que se imporán penas de entre seis meses e dous anos de cadea para aqueles que poñan en risco a sostibilidade dos recursos e trata de equiparar o furtivismo das especies marisqueras coa caza e a pesca.

 Balseiro aclara que, para que o furtivismo adquira o reproche de delito, deben facerse constar tres feitos: que a actividade que pode levar a estas penas sexa feita sen o título administrativo habilitante, sobre terreos sometidos a concesión ou autorización marisqueira ou acuícola e con dano e efectos sobre a sostibilidade dos recursos nesas área.

 O voceiro do mar desminte, polo tanto, que poida considerarse delito feitos como que os profesionais poidan errar nos cálculos do diario de pesca ou circunstancias como que un neno colla un caldeiro de berberechos na area na que xoga, desbotando así dous argumentos empregados por aqueles que non defenden este novo reproche penal.

 INICIATIVA POPULAR

 Finalmente Balseiro puxo en valor que esta iniciativa contou co apoio e o traballo decidido dos grupos populares no Congreso e no Senado da man dos seus voceiros en materia de pesca, Joaquín García Díez e Mariel Larriba a quen agradeceu ese traballo. E tamén ao propio impulso da Xunta e do Grupo Popular en Galicia que xa o 14 de decembro do ano 2010, a iniciativa do propio Balseiro, aprobaba unha proposición non de lei no Pleno do Parlamento de Galicia instando ao Goberno a acometer esta reforma.

 

 

 

 

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Maio 2015
    L M M X V S D
     123
    45678910
    11121314151617
    18192021222324
    25262728293031
    « Abr   Xuñ »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: