Axenda: actividade parlamentaria

PREVISIÓNS

 

O voceiro de Montes do Grupo Popular lembra que cada ano a administración tramita máis de 100.000 solicitudes de corta que xeran un ingresos anuais estimados de máis de 240 millóns de euros

BALSEIRO INTERÉSASE NO PARLAMENTO POLAS AXUDAS PREVISTAS POLA XUNTA PARA EMPRESAS DE APROVEITAMENTOS FORESTAIS

AXENDA

 

  • O Goberno galego mantén distintas liñas de axuda para a creación e mellora de iniciativas empresariais ou asociativas que fan uso dos recursos dos nosos montes

 

  • Balseiro asegura que estas axudas non só contribúen a xerar músculo nesta actividade, senon tamén a un maior desenvolvemento económico da zona rural e á consolidación e diversificación do seu tecido empresarial

 

  • O deputado tamén destaca que a práctica totalidade das empresas de aproveitamentos madereiros están situadas no rural, e traballan nos montes da zona, con persoal da súa contorna.

 

  • Na Mariña a industria da serra ten unha grande importancia, abastecéndose fundamentalmente de madeira de montes, tamén a industria de pasta para papel e taboleiros xoga un rol moi destacado ou, nos últimos tempos, o aproveitamento doutros produtos forestais como pode ser a biomasa.

 

  • Balseiro defende a aposta firme do Goberno galego por un monte máis ordenado, máis e mellor aproveitado e con instrumentos legais comprensibles e adaptados á realidade da terra

 

MAÑÁ NO PARLAMENTO DE GALICIA

DÍA: 29 DE MAIO DE 2015

Comisión 7ª de Agricultura e Montes

HORA: Entorno ás 10.30 horas