Iniciativa parlamentaria

O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, dá conta da formulación dunha proposición non de lei no Parlamento de Galicia que recolle esta reclamación, defendida desde a Xunta e polos profesionais da pesca que desenvolven a súa actividade no interior das rías galegas

O GRUPO POPULAR DE GALICIA PIDE FORMALMENTE AO GOBERNO CENTRAL QUE FLEXIBILICE A OBRIGA DE PORTAR BOTIQUIN TIPO C NAS EMBARCACIÓNS PESQUEIRAS DE BAIXURA

 botiquin_c_1y2

  • Reclama a súa substitución por un modelo máis acorde coas necesidades e tipos de flota e coas súas dispoñibilidades económicas
  • Balseiro insiste na conveniencia de reconsiderar a necesidade de portar un botiquín con ata 26 medicamentos distintos e 24 aparellos médico-quirúrxicos aínda a pesar de que o ISM dispón de axudas específicas para apoiar a súa adquisición

 

Santiago, 1 de xuño de 2015.- Os populares galegos veñen de solicitar formalmente ao Goberno central que flexibilidade a actual obriga de portar un botiquin tipo C nas embarcacións pesqueiras de baixura. O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, dá conta da formulación dunha proposición non de lei no Parlamento galego que recolle esta reclamación, defendida desde a propia Xunta e polos profesionais da pesca que desenvolven a súa actividade no interior das rías galegas

 Balseiro xustifica esta petición dado que a actividade destas embarcacións se realiza nas proximidades da costa, usualmente en distancias menores de 5 millas náuticas, polo que portar un botiquín destas características, con ata 26 medicamentos diferentes segundo o seu principio activo, así como de 24 aparellos ou materias médicos e cirúrxicos, podería considerarse superfluo ou desproporcionado, debido á inmediatez coa que se ten opción de conseguir asistencia médica, ou mesmo perigoso, ante unha posible mala praxe na súa dosificación e manexo.

LIÑA DE AXUDAS DO ISM

 Balseiro si quixo aclarar que, na actualidade, e trala imposición desta obriga legal por parte do Goberno central, o Instituto Social da Mariña (ISM) puxo en marcha unha liña de axudas específicas para apoiar aos profesionais do mar que teñen que adquirir estes botiquíns ou, nalgúns casos tamén, é a propia mutua quen facilita este material. Con todo, insiste en que, por coherencia coa experiencia adquirida na aplicación desta norma, sería aconsellable reconsiderar si un botiquín tan complexo como o de tipoloxía C é o máis axeitado para o seu uso nestas embarcacións de baixura e, precisamente, este é o obxectivo perseguido polo novo acordo parlamentario que os populares galegos pretenden promover.

 OBRIGA LEGAL

 Balseiro lembra que as especiais características da actividade marítimo-pesqueira determinaron a necesidade de establecer medidas de prevención e protección da saúde dos traballadores do mar, especialmente cando se atopan embarcados e afastados dos medios sanitarios dispoñibles en terra. Nese contexto debe entender a aprobación do Real Decreto 568/2011, do 20 de abril, que modifica a normativa vixente en materia de condicións mínimas sobre a protección da saúde e asistencia médica dos traballadores do mar.

 Esta norma clasifica como buques de “categoría C” aqueles que realicen navegación ou pesca marítima ata as 60 millas do porto máis próximo, realicen travesías integramente dentro das augas interiores (rías, radas ou baías) ou non dispoñan de máis instalacións que unha ponte de mando. Conforme á citada normativa, estas barcos deberán levar o botiquín tipo C, segundo a dotación incluída no Anexo II, o que obriga a estas embarcacións a estar dotadas, volve a lembrar, de ata 26 medicamentos diferentes segundo o seu principio activo, así como de 24 aparellos ou materias médicos e cirúrxicos engadidos