• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Iniciativa parlamentaria
Pleno do Parlamento 16/06 »

5, Xuño 2015 por Admin B

O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, defendida desde a Xunta e polos profesionais da pesca que desenvolven a súa actividade no interior das rías galegas

O PARLAMENTO GALEGO APROBA SOLICITAR AO MINISTERIO QUE A FLOTA DE BAIXURA NON SE VEXA OBRIGADA A PORTAR O BOTIQUIN TIPO C

 6066702w

  • A actual normativa, que recolle un mandato europeo, establece a obrigatoriedade de portar un botiquín con ata 26 medicamentos distintos e 24 aparellos médico cirúrxicos

 

  • Por outra banda Balseiro salientou a sorpresa porque BNG e PSOE, “os que máis despezamentos de buques pesqueiros fixeron e prevían facer”, esixan agora a eliminación destas axudas

 

Santiago, 5 de xuño de 2015.- O Parlamento de Galicia vén de aprobar –cos votos a favor do grupo autor, PP e do PSOE- a solicitude formal ao Goberno central para que flexibilice, nas embarcacións da flota de baixura, a obriga de portar un botiquin tipo C

 Os populares galegos mantiveron en solitario esta demanda, defendida desde a propia Xunta e polas organizacións que agrupan aos profesionais da pesca, para aqueles casos de embaracións que desenvolven a súa actividade no interior das rías galegas.

O Goberno estatal, en transposición dunha normativa comunitaria, estableceu a obrigatoriedade de portar un botiquín tipo C tamén para esta flota, que esixe incluír ata 26 medicamentos distintos e 24 aparellos médico cirúrxicos.

Balseiro defendeu que tanto a proximidade da costa –que permite acceder con rapidez a asistencia sanitaria- como o obxectivo de evitar un mal uso dalgún destes medicamentos e aparellos aconsella reconsiderar si é procedente un botiquín destas características e complexidade nunha embarcación de baixura.

Desde o Grupo Popular foron moi críticos co voto en contra do BNG e a abstención de AGE, que agora non apoian aquilo que demandaban fai tempo, a pesar de que, a práctica demostra que dotar a estas embarcacións dun modelo de botiquín distinto é igual de efectivo e seguro

 DESPEZAMENTOS

 Por outra banda o Grupo Parlamentario Popular votou en contra dunha iniciativa do BNG na que reclamaba a eliminación das axudas que, con cargo aos fondos europeos, van destinadas ao despezamento de buques pesqueiros.

 Os populares defenderon a continuidade deste sistema –xa mellorado con respecto a outros períodos- que permite o axuste da flota ás posibilidades de pesca e á situación dos caladoiros así como, o que aínda é máis importante, o acollemento de armadores e tripulantes a medidas complementarias de carácter social financiadas con cargo a eses fondos europeos.

 Balseiro considera sorprendente que BNG e PSOE “os que máis despezamentos de buques pesqueiros fixeron e prevían facer”, esixan agora a eliminación destas axudas.

 De feito explicou que durante o goberno bipartito se despezaron 538 embarcacións pesqueiras galegas un 54% máis que no período popular actual. Ademais, PSOE e BNG propoñía realizar 93 despeces durante os anos 2008-2010 fronte aos 37 buques despezados co PP no Goberno, nese mesmo período.

 Balseiro dixo que si o BNG quere defender a continuidade da flota o que debera ter feito e apoiar –e non votar en contra, como fixeron- ante as iniciativas populares que buscan cambiar o modelo de reparto das posibilidades de pesca e conseguir máis cota.

 O deputado popular aclarou que nesa dirección vén traballando o PP que conseguiu na negociación dos últimos anos incrementar un 14% os TAC e cotas dispoñibles. Ademais lembrou que en 2014 as descargas de peixe e marisco fresco nas lonxas galegas medraron un +14,5%, e o seu valor económico incrementouse un +4,6% en relación co 2013.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Xuño 2015
    L M M X V S D
    1234567
    891011121314
    15161718192021
    22232425262728
    2930  
    « Mai   Xul »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: