Pleno do Parlamento 16/06

O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, fixo un repaso dos avances promovidos polo Goberno popular nas últimas dúas lexislaturas: o aumento da dotación e operatividade dos helicópteros de Gardacostas, a volta ao mar das lanchas de salvamento e os máis de 16.000 profesionais que veñen de recibir formación regrada e non regrada que incluía aspectos específicos de seguridade

 O GRUPO POPULAR LEMBRA QUE A XUNTA DESTINA MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS EN 2015 PARA AXUDAS DIRIXIDAS Á MODERNIZACIÓN E MELLORA DA SEGURIDADE A BORDO NOS BUQUES PESQUEIROS

 

????????????????????????????????????

  • Os populares acusan ao PSOE de propoñer medidas ou que xa existen o que amosaron o seu fracaso como a recuperación do seguro de accidentes (substituído por unha póliza moito máis eficaz de responsabilidade civil) ou o seguro do mal tempo
  • Desde o PP defenden o Real decreto que actualiza a normativa sobre tripulacións mínimas, tras medio século en vigor da norma anterior e o papel da Comisión que, dependente de Fomento, estuda e propón solucións cando ten lugar un caso de siniestralidade marítima

 

Santiago, 06 de xuño de 2015.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, explicou hoxe no Pleno do Parlamento que o Goberno galego vén de destinar, só en 2015, máis dun millón de euros en axudas dirixidas á modernización e mellora da seguridade a bordo dos buques pesqueiros.

 Balseiro quixo lembrar ao PSOE que o Goberno galego xa ten en marcha un plan específico en materia de seguridade no mar que incorpora, entre outras, estas axudas, de convocatoria anual e de libre concorrencia, polo que poden acceder a elas todos os profesionais da pesca que así soliciten. Entre os aspectos obxecto de apoio xa estaría incluídos a instalación de dispositivos de gran utilidade, como os de localización individual para os mariñeiros e de flotabilidade para os buques.

O deputado popular fixo tamén un repaso dos avances promovidos polo Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo ao longo das últimas dúas lexislaturas como foron: o aumento da tripulación e operatividade dos helicópteros de Gardacostas -24 horas e 365 días ao ano-, a volta das lanchas de salvamento ao mar grazas ao establecemento de quendas máis racionais que mellorar as funcións de control pesqueiro e ambiental e apoio á seguridade das embarcacións e, todo iso, nun período no que máis de 16.000 profesionais da pesca e do marisqueo recibiron formación regrada e non regrada que incorporaba aspectos específicos de seguridade

O PSOE PROPÓN FÓRMULAS QUE FRACASARON NO PASADO

Os populares, pola contra, non comparten a idea da oposición de recuperar algunhas medidas que xa teñen amosado o seu fracaso, como é o caso do antigo seguro de accidentes, substituído hoxe por unha póliza de responsabilidade civil, moito máis eficaz e promovida desde Galicia, sen necesidade de acudir aseguradoras estranxeiras, en colaboración coa Federación Galega de Confrarías. Tamén se opuxeron a recuperar o seguro do mal tempo porque non concitou interese no sector que na súa inmensa maioría non quixo acollerse ao mesmo pese a estar bonificado.

Balseiro tamén se defendeu a utilidade do novo Real decreto que actualiza a normativa sobre tripulacións mínimas, tras medio século en vigor da norma anterior, e o importantísimo e imprescindible papel da Comisión que, dependente de Fomento, propón solucións tras analizar cada caso de siniestrabilidade marítima que acontece.

Finalmente o deputado popular retou ao PSOE a que demostre que algún profesional da pesca tivo que pagar algún operativo de rescate, un argumento que desde a oposición manexam recorrentemente pero que resulta ser absolutamente falso, xa que están expresamente excluídos deste pagamento. Balseiro aclarou que o único motivo de establecer os prezos públicos das operacións de salvamento e poder repercutir estes custes á aseguradoras de buques estranxeiros en caso de probada neglixencia, nunca aos profesionais da pesca.