• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Previsión de actividade parlamentaria
Previsión Comisión de Pesca e Marisqueo »

Xestión forestal conxunta

12, Xuño 2015 por Admin B

O voceiro de Montes, Jose Manuel Balseiro, salienta as axudas e incentivos postos en marcha polo Goberno galego para corrixir o minifundismo forestal e acadar un mellor aproveitamento do monte

O GRUPO POPULAR DEFENDE O MODELO DAS SOFOR, COMO AGRUPACIÓN VOLUNTARIA DE PROPIETARIOS FORESTAIS, FRONTE AS ANTIGAS UXFOR DO GOBERNO BIPARTITO

????????????????????????????????????

Comisión do Parlamento de Galicia

• Os populares apostan pola libre iniciativa dos propietarios fronte á volta ao pasado que propón AGE, a recuperación do modelo anterior que supoñía a reorganización forzosa da propiedade forestal

Santiago, 12 de xuño de 2015.- O voceiro de Montes do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro defendeu o modelo das sociedades de fomento forestal, coñecidas polo seu acrónimo SOFOR, como unha ferramenta societaria que crea a nova Lei de Montes para favorecer a agrupación voluntaria de propietarios forestais.

Así o asegurou o portavoz popular no transcurso do debate dunha iniciativa de AGE que, na Comisión 7ª do Parlamento de Galicia, propoñía recuperar a antiga figura das UXFOR, unidades de xestión forestal, que foi eliminada tras a derrota do goberno bipartito.

MÁIS ÚTIL E EFICAZ

Os populares consideran que as SOFOR son un instrumento moito máis útil e eficaz que as antigas UXFOR, principalmente polo carácter voluntario da súa creación e porque nelas non ten que participar a administración, como acontecía coas UXFOR.

Desde o PP defenden que a elevada fragamentación da propiedade dos nosos montes obriga aos poderes públicos a incentivar, impulsar e dar o respaldo necesario ao desenvolvemento de calquera iniciativa que acade a xestión agrupada para conseguir así: vantaxes nos aproveitamentos produtivos, vantaxes ambientais, facilitar a ordenación dos nosos montes e a aplicación dos plans preventivos contra incendios

LIBRE INICIATIVA DOS PROPIETARIOS

Balseiro asegurou, contra a proposta de AGE, “que non queremos nin unha volta ao pasado, nin limitar en figuras concretas as fórmulas de xestión agrupada forestal a apoiar”. De feito, insistiu en que merece a pena apostar por outras fórmulas distintas ás antigas UXFOR do bipartito nas que o protagonista sexa “a libre iniciativa dos propietarios, sen intervención da Xunta na xestión e sen forzar a ninguén a reorganización das súas parcelas”

Dixo tamén, que a aposta polas SOFOR non implica que os propietarios forestais articulen, tamén co apoio da Xunta, outras fórmulas como poden ser, por exemplo, as PROMAS ou os documentos compartidos de xestión aplicados a coutos redondos.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Xuño 2015
    L M M X V S D
    1234567
    891011121314
    15161718192021
    22232425262728
    2930  
    « Mai   Xul »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: