Previsión Comisión de Pesca e Marisqueo

Galicia, no liderado español e europeo, representa maís do 85% da produción conserveira estatal e agrupa o 78% dos emprego deste sector, na súa maioría feminino

 O GRUPO POPULAR QUERE QUE O NOVO FONDO EUROPEO MARÍTIMO E DE PESCA (FEMP) FINANCIE A MODERNIZACIÓN DAS PEMES CONSERVEIRAS

CONSERVA

 

  • Solicita a inclusión, con cargo a estes recursos, de medidas específicas dirixidas a financiar a modernización e mellora da competitividade destes industrias de transformación dos produtos pesqueiros e marisqueiros, así como apoios para a súa estratexia de internacionalización

 

Santiago, 16 de xuño de 2015.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, defenderá unha iniciativa na vindeira sesión da Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia (que terá lugar mañá mércores) na que reclama que o novo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) inclúa medidas específicas para financiar a modernización e mellora da competitividade das PEMES dedicadas á transformación dos produtos do mar, así como tamén de apoio á súa internacionalización.

 Así o plasman os populares nunha proposición non de lei rexistrada no Parlamento galego na que defenden que este apoio á industria conserveira cabe entre os obxectivos de impulso do desenvolvemento territorial equilibrado e integrado das zonas pesqueiras que persegue o novo FEMP e que cita literalmente entre os seus obxectivos.

 Ademais, o partido que dá sustento ao Goberno galego, recorda que as fábricas de conservas non só teñen un impacto directo na vida das poboacións onde se asentan, senón que ademais serven para dar un maior valor engadido a produtos do mar como o atún ou o mexillón galego que están contribuíndo ao auxe do sector tanto no mercado interior como exterior (cun incremento do 3% nas súas exportacións o último ano)

 Desde o Grupo Popular se defende a necesidade de seguir apoiando a este tipo de empresas, en especial ás de pequeno e mediano tamaño, que teñen menor posibilidade de acceso a outro tipo de recursos financeiros, para contribuír a facelas máis competitivas e gañar músculo.

 Balseiro propón aproveitar os instrumentos que crea o novo FEMP e incorporar medidas específicas para impulsar tamén o acceso destes produtos a novos mercados, a través de distintas estratexias de internacionalización

 A CONSERVA EN GALICIA

 A conserva galega é probablemente o elo máis forte e significativo da cadea mar-industria. Segundo os últimos datos oficiais Galicia produciu preto de 294.000 toneladas de conservas e semiconservas de produtos da pesca marisqueo e da acuicultura, cun valor económico próximo aos 1.290 millóns de euros, o que representa máis do 85% da produción en España.

 O apoio á industria conserveira, actividade prioritaria do Goberno galego, ten que ver tamén como súa importancia social e laboral en moitas localidades costeiras, indica Balseiro. De feito a conserva galega xera ademais, o 78% do emprego deste sector, na maioría feminino, unha man de obra e actividade que fai do noso país a primeira zona produtora da Unión Europea e a segunda do mundo