• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Comisión de Pesca 17/06
Pleno do Parlamento 22 de xuño »

Comisión de Pesca 17/06b

17, Xuño 2015 por Admin B

O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, lembra que a industria conserveira en Galicia xera entorno a 12.200 postos de traballo directos, nun sector que veu aumentadas as súas exportacións o último ano case un 7% lideradas polo atún, lura e sepias

 O PARLAMENTO GALEGO APROBA A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR PARA QUE AS PEMES DO SECTOR DA CONSERVA SEXAN DESTINATARIAS PREFERENTES DAS AXUDAS EUROPEAS

 conservera_zallo_4685_570x

  • O acordo insta a incluír no desenvolvemento do novo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) medidas específicas para financiar a modernización e internacionalización das empresas dedicadas á transformación dos produtos da pesca e do marisqueo

 

Santiago, 17 de xuño de 2015.- O Parlamento de Galicia vén de aprobar a iniciativa do Grupo Popular para que as pequenas e medianas empresas (PEMES) do sector da conserva en Galicia sexan consideradas destinatarias preferentes das axudas europeas.

O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro explica que o acordo final insta a incluír no programa de desenvolvemento do novo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP), que estará en vigor ata o ano 2020, medidas específicas destinadas a financiar a modernización e internacionalización das empresas dedicadas á transformación dos produtos da pesca e do marisqueo.

 Os populares sinalan que, pola súa maior dificultade de acceso a financiamento, ás empresas máis pequenas da conserva galega teñen que recibir con maior intensidade os apoios da Xunta, con cargo aos fondos europeos dispoñibles, e contar así co respaldo necesario para ganar en competitividade o achegar maior valor engadido á transformación dos produtos do mar

 PSOE E EU INCOHERENTES

 Os populares lamentaron unha vez máis a falta de sensibilidade das forzas da oposición que volven a dar as costas a unha iniciativa en beneficio do sector e pactada coas propias conserveiras e sinalan o comportamento contraditorio de PSOE e EU (integrada en AGE) que en Santiago votan en contra dunha iniciativa moi similar a que se formulou no Congreso dos Deputados e contou co apoio unánime de todas as forzas políticas.

 Balseiro quixo lembrar a importancia de apostar por un sector -o da transformación e comercialización dos produtos do mar- que só en Galicia xera entorno a 12.200 postos de traballo directos (máis do 80% do total estatal) e que ademais foi quen, a pesar da crise, de aumentar as súas exportacións no último ano case un 7% lideradas pola conserva de atún, lura e sepia.

 ETIQUETAXE

 A iniciativa contou co voto en contra de AGE e BNG que rexistrou unha emenda para engadir ao acordo final unha proposta sobre a obrigada inclusión da etiquetaxe de orixe. Desde o PP lembraron que no día de onte a Consellería acordou co sector crear un grupo de traballo para estudar os efectos do novo etiquetaxe europeo e o lóxico é esperar as súas conclusións e recomendacións.

 Con todo, desde o PP defenden que o propio conserveiro galego segue a ser o máis interesado en vender o produto identificándoo como galego e que, que ninguén vai a omitir esta información. Pola contra se a etiquetan como galego e non o é incorren en fraude. Lembraron tamén que hoxe o propio artigo 42.2 da OMC mantén a referencia as normativas comunitarias que esixen que no caso concreto das conservas figure a trazabilidade, falamos dun aspecto de obrigado cumprimento

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Xuño 2015
    L M M X V S D
    1234567
    891011121314
    15161718192021
    22232425262728
    2930  
    « Mai   Xul »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: