• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Comisión de Pesca 17/06b
Deputación de Lugo »

Pleno do Parlamento 22 de xuño

22, Xuño 2015 por Admin B

Jose Manuel Balseiro, defendeu que as ratios obxectivas dan mostra dun notable avance na efectividade do operativo de prevención e extinción dos lumes forestais desde que o PP goberna, en especial, se o comparamos co ano 2006, exemplo histórico da mala xestión realizada polo BNG e o PSOE cando eran os responsables deste servizo

O GRUPO POPULAR LEMBRA QUE A XUNTA ASUMIU TODAS AS RECOMENDACIÓNS DO CONSELLO DE CONTAS PARA A MELLORA DA CONTRATACIÓN DOS HELICÓPTEROS CONTRAINCENDIOS

 brigada_helico

  • Por outra banda os populares explicaron que o mellor exemplo de colaboración cos concellos na loita contra os lumes forestais se materializa nas brigadas municipais, cuxo principal obxectivo é precisamente realizar tarefas de prevención, limpeza e desbroce

 

Santiago, 22 de xuño de 2015.- O voceiro da área de Montes do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, lembrou hoxe que a Consellería do Medio Rural e do Mar “xa incorporou todas as recomendacións efectuadas polo Consello de Contas” para a mellora do proceso de contratación dos helicópteros contraincendios.

 Baixo esta premisa o deputado popular defendeu que a moción do BNG -obxecto de debate durante a sesión de tarde do Pleno do Parlamento- “quedou baleira de contido”, posto que si algo fixo o Goberno popular foi mellorar o funcionamento e a organización do operativo contra os lumes, “corrixindo todos aqueles aspectos que fallaron claramente no pasado”.

 De feito, Balseiro lembrou que “todas as ratios obxectivas” dan mostra dun notable avance na efectividade do operativo, como son a salientable redución da superficie queimada, do número de incendios, ademais dos tempos de extinción. Estas cifras “non resisten comparación” en especial, se lembramos a campaña do 2006, cando o BNG e o PSOE, gobernaban Galicia e xestionaban este servizo.

COLABORACIÓN COS CONCELLOS

Por outra banda os populares explicaron que “o mellor exemplo de colaboración cos concellos na loita contra os lumes forestais” se materializa na constitución e financiamento por parte da Xunta das brigadas municipais, cuxo principal obxectivo é precisamente realizar tarefas de prevención, limpeza e desbroce nas parcelas de titularidade descoñecida ou municipal, ademais de colaboración nos traballos de extinción, como unidade de primeira intervención.

MANTEMENTO DO NÚMERO DE EFECTIVOS

Finalmente, en resposta ás peticións que o BNG facía na súa moción, Balserio lembrou que o PLADIGA 2015 mantén o mesmo dispositivo de loita contra o lume: 5.767 persoas da Xunta, ás que hai debemos engadir o persoal do Ministerio, do Exército e da Policía, que eleva esta cifra a máis de 7.000 efectivos nos nosos montes, todos coordinados baixo o mando único da administración autonómica.

Dixo tamén que “todas as prazas imprescindibles para o funcionamento do servizo están en proceso de cobertura ou en tramitación”. De feito neste momento estase efectuando o chamamento do persoal fixo-descontinuo, que inicia os seu traballo o próximo 1 de xullo. Balseiro explicou que hoxe, incluso, a Xunta ten cuberto o 93,2% do persoal laboral e, polo que atinxe ao persoal funcionario, está cuberto o 96,4%. “Sen prexuízo das novas incorporacións e das baixas que poidan acontecer, que se intentan substituír o mais axiña posible”.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MONTES |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Xuño 2015
    L M M X V S D
    1234567
    891011121314
    15161718192021
    22232425262728
    2930  
    « Mai   Xul »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: