Lonxas da Mariña

O voceiro do Mar dos populares galegos insistiu na importancia de seguir avanzando en novas estratexias de comercialización dos peixes e mariscos galegos que permitan achegar maior valor engadido ás capturas

 BALSEIRO SALIENTA QUE A FACTURACIÓN DAS LONXAS DA MARIÑA INCREMENTOUSE UN 11 POR CEN NO PRIMEIRO SEMESTRE DO ANO

 image_gallery2

  • Comercializadas máis de 20,5 toneladas de peixe e marisco fresco por un importe de 54,8 millóns de euros

Santiago, 03 de xullo de 2015.- As lonxas da Mariña lucense facturaron durante o primeiro semestre do ano un total de 54,8 millóns de euros polas vendas de peixe e marisco fresco, segundo datos de Pesca de Galicia. Esta cifra supón un 11% máis que no mesmo período do ano anterior, onde a facturación ascendeu a 48,9 millóns de euros.

 O voceiro do Mar dos populares galegos salienta a importancia do incremento dos ingresos e do valor das capturas nas rulas lucenses ao tempo que se manteñen practicamente as capturas. Entre xaneiro e xuño movéronse nas lonxas da zona 20.541.238 quilos fronte aos 20.674.895 quilos do ano pasado, un tímido descenso do un por cento.

 

2015 2014
Lonxa Quilos Importe € Quilos Importe €
Burela 12.477.610,44 32.113.479,98 11.728.280,34 27.623.301,23
Celeiro 8.051.923,85 22.667.388,79 8.934.931,74 21.295.754,53
Foz 0,00 0,00 7,10 175,00
O Vicedo 3.156,90 10.693,83 3.026,91 6.195,57
Ribadeo 8.547,72 49.085,20 8.649,58 51.367,36
20.541.238,91 54.840.647,80 20.674.895,67 48.976.793,69

 A lonxa máis importante da zona en termos de facturación e número de capturas foi Burela, seguida de Celeiro. Pero todos os pósitos excepto o de Ribadeo, rexistra un incremento do valor das vendas.

 Os datos analizados se corresponden coas cotizacións efectuadas nos seis primeiros meses deste ano 2015, un período que aínda non contempla o groso da costeira do bonito que, no seu primeiro mes de campaña deixa unhas cifras que volven a superar as rexistradas en 2014, ofrecendo tamén maiores ingresos, con aumento de descargas e prezos medios.

 COMERCIALIZACIÓN

 Balseiro quixo poñer en valor a evolución positiva das lonxas da Mariña ao tempo que insistiu na importancia de seguir avanzando en novas estratexias de comercialización dos peixes e mariscos galegos que permitan achegar maior valor engadido ás capturas.