• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Opinión
Festas na honra da Virxe do Carme »

METAGA

14, Xullo 2015 por Admin B

O deputado popular, Jose Manuel Balseiro, pon en valor a importancia desta nova normativa que entrará en vigor en 20 días tras a súa publicación no Diario Oficial de Galicia

BALSEIRO ASEGURA QUE A NOVA LEI DE MELLORA DA ESTRUTURA AGRARIA CONTRIBUIRÁ A AXILIZAR AS CONCENTRACIÓNS PARCELARIAS

11753646_826007377494884_320418667859715304_n

• A nova norma tamén establece importantes incentivos fiscais para a transmisión de granxas e fincas


Lugo, 14 de xuño de 2015.- O secretario do Parlamento de Galicia e deputado autonómico, Jose Manuel Balseiro, quixo poñer en valor a publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia da METAGA, a nova Lei de Mellora de Estrutura Agraria que entrará en vigor en 20 días.

O deputado asegura que a nova norma permitirá axilizar os procesos de concentración parcelaria, que se pasan a denominar de reestructuración parcelaria, ademais de establecer incentivos fiscais que promovan o uso ou o arrendamento das parcelas agrarias.

Ambas novidades son, segundo Balseiro, de gran utilidade para comarcas como a Mariña lucense, onde se están a desenvolver diversos procesos de concentración aínda en execución e onde o peso da agricultura e gandería segue a ser importante, en especial, nos concellos do interior.

REESTRUCTURACIÓN PARCELARIA

A Lei de Mellora da Estrutura Agraria de Galicia dedica a maior parte do seu texto a definir os procesos que se seguirán nas reestructuracións parcelarias, que ata agora se viñan chamando concentracións parcelarias. A nova normativa aspira a simplificar e reducir o tempo de realización das parcelarias, “que a miúdo viñan sendo proxectos farragosos que se dilataban en exceso no tempo”.

No articulado da Lei detállanse os procesos a seguir no caso das reestructuraciones parcelarias públicas e tamén nas de carácter privado, ben agrario ou forestal. Establécese tamén a posibilidade de plans de permutas voluntarias de fincas.

BENEFICIOS FISCAIS POR ARRENDAMENTO

O outro mecanismo co que se quere promover a mobilidade de terras agrarias é o dos incentivos fiscais e redución de tributacións, tanto en caso de herdanzas como de compravendas:

Nas herdanzas, a transmisión das parcelas mediante venda ou arrendamento a unha explotación agrícola supoñerá deducións do 99% no imposto de transmisións patrimoniais. O mesmo sucederá no caso de que as fincas poidan poñerse a disposición do Banco de Terras. En ambos casos, o titular da parcela terá seis meses para facer a transmisión. O prazo mínimo de cesión das parcelas será de cinco anos.

Para as compravendas, haberá tamén deducións do 99%, tanto no caso de explotacións agrarias como no de parcelas soltas. Con estas medidas, “a Administración trata fundamentalmente de evitar que os herdeiros con actividade non agraria deixen as parcelas abandonadas ou infrautilizadas”.

ABANDONO DE TERRAS

Finalmente, a lei establece que a Administración poderá declarar como perímetros abandonados un conxunto de predios cando existan evidentes riscos de lumes forestais ou cando haxa demanda de terra agraria na zona.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Xullo 2015
    L M M X V S D
     12345
    6789101112
    13141516171819
    20212223242526
    2728293031  
    « Xuñ   Ago »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: