Conservar a praia das Catedrais

O deputado popular lembra que o areal ribadense é “destino turístico por excelencia” en Galicia, “un monumento natural que debemos protexer e do queremos gozar como se merece”

BALSEIRO INTERÉSASE NO PARLAMENTO GALEGO POLA AVALIACIÓN DO FUNCIONAMENTO DO PLAN DE CONSERVACIÓN DAS CATEDRAIS

catedrais_0

  • Quere saber como valora o Goberno galego o novo sistema de control de acceso, cal esta a ser o número de visitantes, as melloras introducidas no plan e o investimento desenvolvido ata o de agora nas distintas accións
  • Aplaude os importantes esforzos no ámbito da difusión da nova regulación cos axentes sociais e turísticos e o traballo de cooperación que foi posible acadar con todos estes profesionais para ir introducindo suxestións de mellora

Santiago, 21 de xullo de 2015.- O secretario do Parlamento e deputado autonómico, Jose Manuel Balseiro, vén de interesarse na Cámara galega, a través dunha iniciativa, sobre a avaliación que o Goberno galego fai das primeiras semanas de funcionamento do plan de conservación do Monumento Natural praia das Catedrais.

O parlamentario quere saber que a administración valore o desenvolvemento do novo sistema de control de accesos previsto no Plan de Conservación, a canto ascende o número de visitantes, indicando os días de maior afluencia, cales foron os métodos empregados para autorizar o acceso ao areal e que medidas hai previstas para potenciar el transporte alternativo e colectivo ata o monumento natural.

Balseiro tamén pregunta pola acollida das novas vantaxes que incorpora a web de reservas para atender ás peticións formuladas polas axencias de viaxe e os particulares, que outras accións ou medidas complementarias adoptáronse ou teñen previsto adoptarse ao abeiro do plan de conservación e a canto ascende o investimento desenvolvido nas diferentes accións para mellorar o uso público, mellora da información aos visitantes e o reforzo da sinalización do monumento natural praia das Catedrais

DESTINO TURÍSTICO POR EXCELENCIA

Balseiro lembra que a praia das Catedrais de Ribadeo é un “destino turístico por excelencia” na nosa Comunidade Autónoma, “é un monumento natural que debemos protexer e do queremos gozar como se merece”.

O obxectivo é e sempre foi facer compatible a preservación dos valores ambientais que motivaron a súa declaración como Monumento Natural co uso público do lugar, evitando a degradación deste espazo protexido

ESFORZO DE DIFUSIÓN E COOPERACIÓN LEAL

O parlamentario tamén quixo poñer en valor os importantes esforzos no ámbito da difusión da nova regulación cos axentes sociais e turísticos e o traballo de colaboración e cooperación que foi posible levar adiante con todos estes profesionais para ir introducindo suxestións de mellora.

Finalmente felicítase pola decisión da Xunta de contratar guías que atenden todas as dúbidas dos visitantes, transporte público periódico que facilita o desprazamento e a colaboración iniciada con outras administracións distintas da autonómica para regular o transporte na contorna e incrementar a vixilancia, evitando así actuacións que degraden o medio.