Comisión de Pesca 09 09 c

Jose Manuel Balseiro lamenta a falta de compromiso dos partidos da oposición que decidiron votar en contra desta iniciativa a pesar de ser a demanda máis relevante dos profesionais de toda a flota galega

O PARLAMENTO GALEGO APROBA A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR EN APOIO DAS MEDIDAS QUE IMPULSA A XUNTA PARA ACADAR UN AUMENTO DAS COTAS PESQUEIRAS EN 2016

PropA

  • “Constitúe un obxectivo preferente seguir avanzando en cantas medidas se estimen acaídas para ampliar e darlle máis oportunidades á nosa flota e máis posibilidades de pesca aos nosos profesionais”- dixo Balseiro


Santiago, 09 de setembro de 2015.- A Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia aprobou, está mañá, a proposición non de lei promovida polo Grupo Popular en apoio das iniciativas que a Xunta de Galicia impulsa para acadar un incremento das cotas de pesca o ano próximo, en 2016.

A Cámara galega ofrece o seu respaldo á estratexia que o Goberno galego e central deben seguir ante as institucións comunitarias, “xa que logo constitúe un obxectivo preferente seguir avanzando en cantas medidas se estimen acaídas para ampliar e darlle máis oportunidades á nosa flota e máis posibilidades de pesca aos nosos profesionais”.

O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, sostivo que a propia práctica diaria dos profesionais da pesca así como os informes científicos dos organismos de maior prestixio teñen demostrado que moitas das principais especies obxectivo da nosa flota atópanse nun estado biolóxico moi positivo, o que fai posible un maior aproveitamento sostible, por exemplo no caso do xurelo, xarda, bocarte ou a pescada.

IRRESPONSABILIDADE DA OPOSICIÓN

Con todo, Jose Manuel Balseiro non dubidou en lamentar que a falta de compromiso dos partidos da oposición, que decidiron votar en contra desta iniciativa, a pesar de ser a demanda máis relevante dos profesionais de toda a flota galega