• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Axenda
Comisión de Pesca 09 09 b »

Comisión de Pesca 09/09 a

9, Setembro 2015 por Admin B

Balseiro di que é curioso que o BNG critique agora os despezamentos tendo en conta que a época na que máis busques pesqueiros se despezaron e se prevía despezar foi durante o bipartito, cos nacionalistas no goberno

O GRUPO POPULAR DEFENDE A UTILIDADE DAS AXUDAS Á PARALIZACIÓN DEFINITIVA DA FLOTA E LEMBRA QUE INCLÚEN TAMEN APOIOS SOCIAIS E ECONÓMICOS PARA OS TRIPULANTES

flota

  • Con todo os populares manteñen que o prioritario na estratexia pesqueira non debe ser despezar, senón mellorar as cotas e os sistemas de comercialización para dar máis valor aos produtos do mar, liñas nas que vén traballando a Xunta


Santiago, 09 de setembro de 2015.- O Grupo Popular defende a utilidade das axudas á paralización definitiva da flota que inclúen tanto apoios aos armadores que se vén na necesidade de desfacerse da súa embarcación, como axudas socio-económicas para os tripulantes que cesan na súa actividade, “uns recursos económicos que non podemos permitirnos o luxo de perder”

Desde o Grupo Popular lembran que o propio sector está a favor do mantemento destas axudas, tal e como confirman múltiples pronunciamentos da patronal pesqueira Cepesca, “xa que permiten adaptar á flota ás posibilidades de pesca e á situación real dos recursos”

“Europa impón unha serie de restricións para acadar o rendemento máximo sostible nos distintos caladoiros: non poden pretender que por unha banda se impoñan axustes á capacidade da flota e despois renunciemos a que Europa non financie eses despezamentos”- sinalou Balseiro.

Con estes argumentos os populares rexeitaron unha proposición non de lei que, defendida polo BNG hoxe no Parlamento galego, mantiña a necesidade de eliminar estas axudas que aparecen recollidas con cargo ao novo Fondo Marítimo e Pesqueiro.

INCOHERENCIA DO BNG

Desde o Partido Popular non deixaron de cuestionar a actitude dos nacionalistas pois resulta moi curioso que o BNG critique agora os despezamentos cando a época na que máis busques pesqueiros se despezaron e prevían despezarse foi durante o bipartito, isto é cos nacionalistas e socialistas no goberno.

A PRIORIDADE NON É O DESPEZAMENTO

Con todo, os populares manteñen que o prioritario na estratexia pesqueira non debe ser despezar, senón mellorar as cotas, tal e como está a facer o goberno galego e central (so nos catro últimos anos, co PP na mesa de negociación, aumentaron un 29,1%) e os sistemas de comercialización para dar máis valor aos produtos do mar, liñas nas que xa vén traballando a Xunta

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Setembro 2015
    L M M X V S D
     123456
    78910111213
    14151617181920
    21222324252627
    282930  
    « Ago   Out »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: