Axenda: axilización de cortas de madeira

A proposición non de lei do Grupo Popular forma parte da orde do día da Comisión de Agricultura, Alimentación e Montes da Cámara galega que se reúne mañá venres ás 10.30 horas

O PARLAMENTO GALEGO DEBATERÁ A INICIATIVA DE JOSE MANUEL BALSEIRO DIRIXIDA A AXILIZAR OS PERMISOS DE CORTA DE MADEIRA

AXENDA

  • Cada ano a Xunta tramita entorno a 117.000 permisos de corta, sometidos a un réxime burocrático complexo e distintas autorizacións sectoriais
  • A simplificación normativa permitirá un mellor e maior aproveitamento económico dos montes por parte dos propietarios forestais

Santiago, 10 de setembro de 2015.- A Comisión de Agricultura, Alimentación e Montes do Parlamento de Galicia, que se reunirá mañá venres 11 de setembro ás 10.30 horas, inclúe entre os asuntos previstos na súa orde do día, o debate da iniciativa da que é autor o deputado popular Jose Manuel Balseiro, dirixida a axilizar e simplificar os permisos de corta de madeira.

O voceiro da área forestal do Grupo Popular e Secretario do Parlamento galego lembra que, cada ano, a Xunta de Galicia tramita entorno a 117.000 permisos de corta, sometidos a un réxime burocrático moi complexo, con distintas autorizacións sectoriais en función dos intereses que poidan verse afectados (Augas de Galicia, Patrimonio, Medio Ambiente, Fomento …)

Segundo entenden desde o Grupo Popular a simplificación normativa permitirá un mellor e maior aproveitamento económico dos montes por parte dos seus propietarios, nunha comunidade como é Galicia, que representa a primeira potencia forestal de España e unha das máis importantes na contorna europea.

Balseiro lembrou que, segundo as estatísticas, unha de cada dez familias recibiron ingresos procedentes de corta no monte, cifras que dan imaxe da capacidade de xeración económica, e do sustento social do sector forestal en Galicia. Sen ser estes aproveitamentos madereiros a actividade principal de moitos propietarios, si xogan un papel básico de aforro para as economías de moitas familias galegas.