• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Comisión de Montes 11/09
RESPALDO ECONÓMICO AO NOSO HOSPITAL »

Comisión de Montes 11/09 b

11, Setembro 2015 por Admin B

O voceiro da área forestal, Jose Manuel Balseiro, di que a medida busca favorecer a competitividade dos traballos de aproveitamento madeireiro dos montes galegos

O PARLAMENTO APROBA A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR INSTANDO Á XUNTA A SIMPLIFICAR OS TRÁMITES PARA A CORTA DE MADEIRA

F1C8F1

  • A administración deberá elaborar un estudo e desenvolver as medidas que nel se establezan para reducir e axilizar estes trámites burocráticos e afondar na coordinación entre os distintos departamentos da Xunta do Estado
  • Os populares acusan á oposición de ser cega, por non ter apoiado esta iniciativa, pese a súa plena coincidencia coas demandas recorrentes de propietarios e industria forestal

Santiago, 11 de setembro de 2015.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a simplificar os procedementos de autorización para a corta de madeira nos montes galegos.

Máis en concreto, o acordo acadado na Cámara galega insta á Xunta a elaborar un estudo e desenvolver as medidas que nel se establezan para reducir e axilizar os actuais trámites burocráticos precisos para os aproveitamentos madeireiros e afondar na coordinación entre os distintos departamentos da Xunta do Estado, con competencias na materia.

117.000 PERMISOS DE CORTAS ANUAIS

Segundo destacou o voceiro da área forestal do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, esta medida busca favorecer a competitividade nos traballos forestais dos montes galegos e o réxime legal dos entorno a 117.000 permisos de corta que cada ano se solicitan na nosa comunidade.

“Buscamos fórmulas administrativas para que, coas máximas garantías económicas, de respecto ambiental, patrimonial, hidrolóxico ou paisaxístico poidamos axilizar os trámites de corta. Buscamos, en definitiva, un maior aproveitamento económico dos nosos montes, facéndonos eco dunha demanda recorrente dos propietarios forestais”, resumiu Balseiro

Balseiro tamén lembrou que unha de cada dez familias recibiron ingresos procedentes de corta no monte, unha cifra que da imaxe da capacidade de xeración económica, e do sustento social do sector forestal.

OPOSICIÓN CEGA ÁS DEMANDAS SOCIAIS

A iniciativa prosperou grazas aos votos do Grupo Popular, pese a ser rexeitada pola oposición, razón pola que Balseiro acusou a PSOE, BNG e AGE de “ser cegos ás demandas dos propietarios e industria forestal, que son os primeiros en realizar esta demanda”.

Tamén defendeu a necesidade de elaborar e executar este estudo, “porque os políticos non deben substituír o papel dos técnicos, e moito menos cando se trata de facer unha harmonización normativa”. Indicou tamén que a idoneidade de realizalo agora vén dada pola entrada en vigor das ordenes e decretos que desenvolven a Lei de Montes.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Setembro 2015
    L M M X V S D
     123456
    78910111213
    14151617181920
    21222324252627
    282930  
    « Ago   Out »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: