• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« 12,8 M€ para licitar a ampliación do Hospital da Costa
Comisión de Montes 11/09 b »

Comisión de Montes 11/09

11, Setembro 2015 por Admin B

O portavoz do Medio Rural, Jose Manuel Balseiro, mandou unha mensaxe de agradecemento e apoio aos membros do dispositivo contra incendios e aos veciños da zona que se mobilizaron ante o incendio acontecido neste espazo natural

O GRUPO POPULAR LEMBRA QUE ESTÁ EN ELABORACIÓN UN NOVO PLAN DE EMERXENCIAS QUE OUTORGARÁ UN “PLUS DE PROTECCIÓN” Á ILLA DE CORTEGADA

tg_carrusel_cabecera_grande

  • Aclara tamén que anualmente desenvólvense unha serie de estudos ambientais nesta illa e, en función dos resultados, se planifican as limpezas e tarefas de xestión relacionadas directamente coa prevención de incendios forestais

Santiago, 11 de setembro de 2015.- O Grupo Parlamentario Popular lembrou hoxe que está en elaboración un novo plan de emerxencias do parque natural das Illas Atlánticas que outorgará un “plus de protección” á Illa de Cortegada, tamén no ámbito da prevención de lumes.

O voceiro da área forestal, Jose Manuel Balseiro, aclarou que, aínda que na actualidade xa existe un protocolo de detección e primeira mobilización ante unha alarma de incendio, este debe ser mellorado e actualizado, cousa que se fará co novo documento en redacción.

IMPORTANCIA E VALOR MEDIOAMBIENTAL

Balseiro defendeu a importancia e o valor ambiental, paisaxístico e natural da illa de Cortegada e, por iso, non puido deixar de lamentar que teña acontecido un incendio. “Todo apunta a que foi intencionado ou froito dunha neglixencia e, de feito, nesa liña parece que se desenvolve a investigación aberta”, sinalou.

“Sufrimos unha triste realidade: a inmensa maioría dos lumes forestais que sufre Galicia son resultado da acción humana, de alguén que prende o lume ou de alguén que, pola súa neglixencia, fai que isto aconteza. Si a algo debe esixir esta circunstancia é obrigarnos a extremar as precaucións”, indicou.

PLANIFICACIÓN ANUAL DAS LIMPEZAS

No tocante ás labores de prevención, Balseiro clarexou que anualmente desenvólvense unha serie de estudos avalados por técnicos expertos e de recoñecido prestixio na materia, entre os que están, o seguimento dos hábitats costeiros e terrestres, inventario de flora, estudo dos liques, seguimento de pragas e análises fitosanitarias e datos meteorolóxicos. Precisamente coa información obtida nestes seguimentos “planifícanse as limpezas e tarefas de xestión relacionadas directamente coa prevención de incendios forestais nesta illa”.

Para rematar Balseiro tamén quixo mandar unha mensaxe de agradecemento e apoio aos membros do dispositivo de loita contra os incendios, “tanto aos traballadores que participaron na illa de Cortegada como aos que o fan noutros incendios en Galicia”. Agradecemento que fixo extensible aos veciños da zona que, nunha mobilización sen precedentes, colaboraron coa extinción deste lume nun espazo tan sensible.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Setembro 2015
    L M M X V S D
     123456
    78910111213
    14151617181920
    21222324252627
    282930  
    « Ago   Out »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: