• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Comisión de Pesca 22/09
Anchoa / Bocarte »

Comisión de Pesca 22/09b

22, Setembro 2015 por Admin B

Aseguran que tanto Rosa Quintana como todo o equipo directivo da Consellería do Mar son “plenos interlocutores válidos” do sector marisqueiro desta zona, tal e como demostran os múltiples encontros que mantiveron nas pasadas datas, o último, o xoves

O GRUPO POPULAR REAFIRMA O COMPROMISO DA XUNTA COA RECUPERACIÓN PRODUTIVA DA RÍA DE AROUSA

1

  • Balseiro: “Ninguén estivo de brazos cruzados na ría de Arousa e seguirase traballando, en colaboración coas confrarías, para solucionar os problemas detectados”


Santiago, 22 de setembro de 2015.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, reafirmou o compromiso da Xunta de Galicia coa recuperación produtiva da ría de Arousa e, en particular, coa mellora da situación marisqueira dos lombos do Ulla, Cabío e Bohído.

Balseiro reafirmou que tanto a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, como todo o equipo directivo deste departamento autonómico “son plenos interlocutores válidos do sector marisqueiro da ría de Arousa”, tal e como demostran os múltiples encontros que mantiveron, -e que repasou o deputado- o último, o pasado xoves, na xuntanza mantida entre a propia titular e os patróns maiores da zona.

O voceiro popular acusou ao BNG de “confundir desexos con realidade ao negar esta interlocución” e lamentou que os nacionalistas non tiveran retirado a iniciativa que presentaron na Comisión de Pesca do Parlamento de Galicia por entendela “obsoleta e carente de sentido” pois nela demandaban precisamente que a conselleira recibise aos patróns maiores, algo que xa estaba previsto e xa se produciu.

INICIATIVAS ACORDADAS COAS CONFRARÍAS

Balseiro insistiu en que “ninguén estivo de brazos cruzados” na ría de Arousa e dixo que “se seguirá traballando, en colaboración coas confrarías, para solucionar os problemas detectados e, moi en particular nas áreas de libre marisqueo”

Así por exemplo lembrou os cambios na explotación do banco dos Lombos de Ulla acordados nas pasadas datas, limitando a zona de extracción da ameixa babosa e deu conta tamén do estudo levado a cabo dende a Consellería para facer fronte á escaseza de berberecho.

Balseiro explicou que se realizaron outras tarefas como á remoción do sedimento nunha parte do Bohído que actualmente non é produtiva, fíxose a limpeza de restos de algas nos fondos dunha parte de Cabío e levouse a cabo un control de depredadores, coa retirada de máis de 3 toneladas de cornechos na enseada do Grove durante o pasado mes de xullo.

Finalmente o pasado 18 de setembro concretáronse cos patróns maiores da zona as medidas de rexeneración do reló nos bancos do Bohído e Cabío que consistirá no traslado dos exemplares de reló de talla superior a 35 mm por fóra dos bordes dos bancos marisqueiros nos que abunda.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Setembro 2015
    L M M X V S D
     123456
    78910111213
    14151617181920
    21222324252627
    282930  
    « Ago   Out »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: