• Inicio
  • Hospital da Costa (Burela)
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Ría de Arousa
Comisión de Pesca 22/09 »

Plan renove de fiestras e caldeiras

22, Setembro 2015 por Admin B

Balseiro lembra que o prazo de solicitude destas axudas rematará o 30 de outubro

TRINTA E CINCO EMPRESAS LUCENSES COLABORAN COA XUNTA NA TRAMITACIÓN DAS AXUDAS DO PLAN RENOVE DE FIESTRAS

Sin título

  • Sesenta e oito máis colaborarán no plan de substitución de caldeiras por outras máis eficientes
  • As entidades colaboradoras son as encargadas de tramitar o procedemento: facer a reserva dos fondos, presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación

Lugo, 22 de setembro de 2015.- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a relación de trinta e cinco empresas lucenses colaboradoras coa Xunta na tramitación das axudas do plan renove de fiestras do que poden beneficiarse tanto vivendas unifamiliares como comunidades de propietarios. O boletín oficial galego publica hoxe tamén a relación de sesenta e oito empresas lucenses máis que, neste caso, colaborarán coa Xunta no plan renove de caldeiras.

A Consellería de Economía e Industria promove dúas liñas de axudas para a instalación de caldeiras de gas natural, GLP ou biomasa (con apoios de ata o 40% do custo do proxecto) e para a renovación de fiestras (con axudas de ata o 25%).

PLAN RENOVE DE FIESTRAS

Esta última esta ten como obxectivo a substitución das fiestras xa existentes por outra de igual ou de inferior tamaño, de cara a incentivar a súa rehabilitación, acadando melloras significativas na calidade da construción co conseguinte aforro en termos económicos. A contía máxima por vivenda unifamiliar é de 100 euros por metro cadrado de oco co límite de 3.000 euros. Nas comunidades de propietarios ou edificios de vivendas a contía será de 3.000 euros cun máximo de 50.000 euros. En calquera dos dous casos, a cantidade da subvención non superará o 25% do custo total da obra.

SUBSTITUCIÓN DE CALDEIRAS

En canto ao sinalado na orde para renovación das caldeiras de alta eficiencia enerxética, promóvese a implantación de equipos de gas natural ou GLP, así como de novas caldeiras de biomasa, neste último caso, só en vivendas unifamiliares e comunidades de veciños do perímetro urbano de Lugo. Os apoios, chegan ata o 30% do investimento, elevándose ata o 40% se a caldeira que se prevé substituír é de gasoil

ENTIDADES COLABORADORAS

Balseiro lembra que os particulares que queiran beneficiarse destas axudas terán que poñerse en contacto con algunha das entidades colaboradoras, que son as encargadas de tramitar o procedemento (facer a reserva dos fondos, presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación).

AFORRO ENERXÉTICO

O secretario do Parlamento de Galicia e deputado autonómico, Jose Manuel Balseiro, salientou que mediante estes apoios autonómicos non só se logra obter melloras e modernizacións nas estruturas de vivendas e edificios, senón novas fiestras e caldeiras que permiten obter un consumo máis eficiente de enerxía e contribuír á diminución da factura eléctrica das familias

Compartir:

  • Click to share on Facebook (Opens in new window)
  • Compartir en Twitter (Opens in new window)
  • Imprimir (Opens in new window)
  • Enviar isto a unha amizade (Opens in new window)

Like this:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Setembro 2015
    L M M X V S D
    « Ago   Out »
     123456
    78910111213
    14151617181920
    21222324252627
    282930  
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete aos outros 15 segidores

Blog en WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
%d bloggers like this: