• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Anchoa / Bocarte
Reaccións á licitación da obra de ampliación do Hospital da Costa »

Hospital da Costa

24, Setembro 2015 por Admin B

A Xunta autoriza a licitación da primeira fase das obras de ampliación do Hospital da Costa, que triplicará a superficie actual do centro

Nova: http://ow.ly/SCoyf

Santiago, 24 de setembro de 2015.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a decisión do Consello da Xunta de aprobar a licitación da primeira fase das obras de ampliación do hospital da Costa, en Burela, que suporán un investimento de 12,8 millóns de euros. O mandatario galego sinalou que se trata dunha actuación fundamental para a sanidade pública da Mariña, pero tamén para a sanidade pública de Galicia, porque con ela podemos dicir que fomos capaces de completar en plena crise o impulso de modernización das infraestruturas hospitalarias da Comunidade.

Segundo explicou, nos vindeiros días publicarase o concurso público para a redacción do proxecto e a execución das obras, cun prazo de 3 e 28 meses respectivamente, o que significa cumprir co compromiso adquirido pola Xunta de iniciar este procedemento en 2015. Polo tanto, engadiu que o proceso para ampliar este hospital cunha antigüidade de máis de 30 anos “xa non ten volta atrás”.

6.000 m² máis de superficie
Feijóo precisou que se ampliarán nun terzo as dimensións actuais do edificio, con 6.000 metros cadrados máis de superficie sobre os 17.600 cos que conta actualmente. E que se fará de forma compatible co funcionamento de todas as áreas actuais, garantindo a integración estética da nova construción co inmoble xa existente.

Nesta liña, na área de hospitalización practicamente duplicarase o espazo dos case 2.800 m² actuais a máis de 4.500, o que mellorará a confortabilidade dos pacientes, as circulacións e o traballo dos profesionais. Na área de consultas externas, indicou que se construirá unha nova zona ambulatoria que deixará espazo libre para futuras actuacións no centro. Pola súa banda, na área ambulatoria, estableceranse novos gabinetes de exploración e unha nova sala de cirurxía menor. E, ademais, crearase un hospital de día médico para complementar o cirúrxico e a diálise.

O presidente galego subliñou que esta é unha actuación que era especialmente agardada e necesaria porque, dixo, urxe adaptar a principal infraestrutura sanitaria da Mariña luguesa á súa realidade e salvar as deficiencias evidentes que sofre desde hai tempo. Unha actuación fundamental para a sanidade pública galega e para a costa luguesa, agregou, que permite desbloquear unha ampliación necesaria para que esta área sanitaria poida dispoñer dun hospital público moderno e adaptado ás necesidades dos usuarios e dos profesionais desta zona.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Setembro 2015
    L M M X V S D
     123456
    78910111213
    14151617181920
    21222324252627
    282930  
    « Ago   Out »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: